Xacaré
Xacaré | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No Pantanal, Brasil | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Caiman yacare' Daudin, 1802 | |||||||||||||||
O xacaré,[2] caimán xacaré[2] ou caimán iacaré[3] (Caiman yacare) é unha especie de caimán que ten o seu hábitat no centro de América do sur, incluíndo o nordeste da Arxentina, o Uruguai, sueste do Perú, Bolivia oriental, centro e suroeste do Brasil, e os ríos de Paraguai. Dentro do pantanal brasileiro hai cerca de 10 millóns de exemplares de xacaré, representando posibelmente a máis grande poboación de crocodilios da Terra.
Sendo un crocodilio de tamaño de pequeno a medio, a maioría dos machos adultos medran até aproximadamente os 2,5 m de longo, chegando ocasionalmente algúns individuos aos 3 m. As femias son bastante máis pequenas, cunha media de 1,4 m. A masa corporal nesta especie pode chegar até os 85 kg nos machos e oscilar entre os 14 e os 23 kg nas femias.[4] De feito, o tamaño relativamente máis pequeno fainos unha presa potencial de xaguares e anacondas.
A dieta desta especie está constituída principalmente por peixe (especialmente de pirañas), paxaros, réptiles e mamíferos pequenos. Os mamíferos grandes son cazados ocasionalmente (especialmente as capibaras) polos adultos máis grandes. En xeral, debido ao seu tamaño, esta especie non é considerada mortalmente perigosa para os humanos.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crocodile Specialist Group (2008). "Caiman yacare". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 17 August 2009. Database entry includes a brief justification of why this species is of Lower Risk/least concern.
- ↑ 2,0 2,1 Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 720. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Dicionario Digalego caimán
- ↑ [1]