Saltar ao contido

Xeonllo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Articulacións do xeonllo
Xeonllo dereito
Vista posterior do xeonllo dereito
Latín articulatio genus
Gray's pág.339
Nervio(s) femoral, obturador, ciático
MeSH Knee
Dorlands/Elsevier Knee

O xeonllo[1] (tamén chamado xollo)[2] é unha articulación de carga do membro inferior. Na articulación interveñen tres ósos: fémur, rótula e tibia. É unha articulación bicameral, con movementos de flexión - extensión e rotación interna - externa.

Superficies articulares

[editar | editar a fonte]

As superficies articulares do xeonllo son:

  • Caras anterior, inferior e posterior dos cóndilos femorais
  • Superficie posterior da rótula
  • Cara superior da epífise superior tibial

Entre o fémur e tibia interpóñense dúas cartilaxes, os meniscos. Á súa vez, estes meniscos presentan unha cara superior ou femoral e unha inferior ou tibial. O menisco externo ten forma de O, mentres que o interno ten forma de C. Entre ambas as cartilaxes colócase un ligamento.

Articulacións do xeonllo

[editar | editar a fonte]

Son dúas:

  • 1. Entre a canle troclear do fémur e a superficie posterior da rótula. É unha articulación troclear, con movementos de flexión-extensión.
  • 2. Entre cóndilos femorais e platos tibiais. Interpóñense os meniscos. É unha trocoide, con movementos de rotación.

Ligamentos do xeonllo

[editar | editar a fonte]
  • 1. Cápsula articular: percorre as superficies óseas e crea un espazo cheo de líquido sinovial. Atópase furada por diante pola rótula e por detrás polos ligamentos cruzados.
  • 2. Ligamento anterior ou tendón rotuliano: orixínase na superficie anterior da rótula continuando o tendón cuadricipital. Chega ata a tuberosidade anterior da tibia.
  • 3. Ligamentos laterais: o externo vai dende a cara cutánea externa do fémur ata o peroné. O interno vai en dous planos, do cóndilo interno ata a cara interna da tibia. Presenta un plano superficial, maior en extensión, e o fondo, que vai chegar menos lonxe pero é máis forte.
  • 4. Ligamentos cruzados: van dende a cara posterior dos cóndilos femorais ata a tibia. Furan a cápsula articular. Van cubertos de vaiñas sinoviais individuais. Estabilizan a articulación.
Ligamentos do xeonllo
Raios X dun xeonllo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeonllo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xollo.