Saltar ao contido

Xosé Feixó Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Feixó Cid
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1146477 AELG: 134

Xosé G. Feixó Cid, nado en Baiona en 1957, é un filólogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Exerceu como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario e despois traballou como profesor de linguas oficiais na Universidade Popular de Vigo. Filólogo especializado en lexicografía, ten publicados numerosos traballos na materia, entre os que destacan diversos dicionarios, así como varias publicacións sobre lingua, en especial dedicadas á ortografía, ao estilo e á práctica gramatical. É tamén colaborador na crítica xornalística, especialmente no Faro de Vigo.

  • As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega: actualización, complementos e desviacións, Edicións do Cumio.
  • Dicionario Galego dos Nomes, 2003, Xerais.
  • Gramática da lingua galega, 2004, Xerais.
  • Dicionario Ortográfico da Lingua Galega, 2006, Xerais.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Autor do relato De como ti abandonou-no a vocé publicado en O larvisión. De como ti abandonou-no a vocé. Un algo preto nas mentes. O dez por cento, 1981, Ediciós do Castro.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
  • Galego Século XXI. Nova guía da lingua galega, 2004, Galaxia.
  • Nova guía da lingua galega, 2004 e 2010, Galaxia.
  • Dicionario Xerais de Primaria, 2011, Xerais. Con Manuel Rodríguez Alonso.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]