Saltar ao contido

Xosé I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé I de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1714 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1777 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de São Vicente de Fora Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
1750 – 1777
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Reformador Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMariana Vitoria de Borbón (1732–) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría I de Portugal, Maria Ana Francisca Josefa de Bragança, Maria Francisca Doroteia de Bragança, Maria Francisca Benedita de Bragança Editar o valor en Wikidata
PaisXoán V de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Maria Ana de Áustria Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Bárbara de Bragança, Rainha de Espanha
Alexandre Francisco de Bragança
Pedro, Príncipe do Brasil
Pedro III de Portugal
Gaspar de Bragança
António de Bragança
José de Bragança
Carlos de Bragança Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1186531 WikiTree: Braganza-20 Find a Grave: 9690169 Editar o valor en Wikidata

Xosé I de Portugal (nome completo: José Francisco António Inácio Norberto Agostinho de Bragança; 6 de xuño de 1714 - 24 de febreiro de 1777), alcumado "O Reformador" debido ás reformas que emprendeu durante o seu reinado, foi rei de Portugal da dinastía de Bragança dende 1750 ata a súa morte. Casou en 1729 con Mariana Vitoria de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O reinado de Xosé I está especialmente marcado polas políticas do seu primeiro ministro, o Marqués de Pombal, que reorganizou as leis, a economía e a sociedade portuguesas, transformando Portugal nun país moderno. O 1 de novembro de 1755, Xosé I e a súa familia sobreviviran ao derrubamento do Pazo Real no Terremoto de Lisboa por se atoparen en Belém. Despois desta data, Xosé I gañou unha fobia de recintos pechados e viviu o resto da súa vida nun complexo luxosos de tendas no Alto da Ajuda, en Lisboa. Outro punto alto do seu reinado foi a tentativa de asasinato que sufriu o 3 de setembro de 1758 e o subsecuente proceso dos Távora. Os Marqueses de Távora, o duque de Aveiro e familiares próximos, acusados da súa organización, foron executados ou colocados no cárcere, mentres que a Compañía de Xesús foi declarado ilegal e os xesuítas expulsados de Portugal e das súas colonias.

Todo o reinado é caracterizado pola creación de institucións, especialmente no eido económico e educativo, co fin de adaptar o país ás grandes transformacións que estaban sendo operadas. Fúndase a Real Xunta de Comercio, o erario Rexio, a Real Mesa Censoria; refórmase o ensino superior, créase o ensino secundario (Colexio dos Nobres, Aula de Comercio) e o primario (mestres rexios); reorganizáse o exército. En materia de política exterior, D. Xosé conservouse na política de neutralidade adoptada polo seu pai. Ten en conta tamén, o corte de relacións coa Santa Sé, que durou 10 anos.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

De seu casamento, tivo catro fillas:

  • D. Maria Francisca (1734-1816)
  • D. Maria Ana Francisca (1736-1813)
  • D. Maria Francisca Doroteia (1739-1771)
  • D. Maria Francisca Benedita (1746-1829)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]