Xosé María Dobarro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1950 (74 anos) Ferrol, España |
Formación profesional | Filosofía e Letras |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Catedrático de universidade |
Obra | |
Doutorando | Carme Fernández-Pérez Sanjulián |
Familia | |
Fillos | dous varóns |
Xosé María Dobarro Paz, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1950, é un profesor, escritor e investigador da literatura galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña.[1] Ten colaborado con múltiples artigos en revistas literarias galegas como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos, Anuario de Estudos Literarios Galegos e Grial.[2]
Militou na AN-PG, a UPG e o BNG, así como no sindicalismo nacionalista (ING, INTG e CIG).[2]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- Terra Chá, de Manuel María, 1989, Edicións Xerais de Galicia.
- A rosa de cen follas, de Ramón Cabanillas, 1993, Edicións Xerais de Galicia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 33 aproximacións à literatura e á lingua galegas, 1984, con Pilar García Negro, Ediciós do Castro.
- A domeadora, de Antón Losada Diéguez, 1985, con Pilar García Negro, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- O fidalgo: (contén unhas memorias sintéticas do autor), de Xesús San Luís Romero, 1986, con Pilar García Negro, Ediciós do Castro.
- Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea.
- Literatura galego-portuguesa medieval, 1987, Vía Láctea Editorial.
- Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea Editorial.
- Literatura galega: séculos escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea Editorial.
- Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Xosé Luís Méndez Ferrín, o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Ánxel Casal (1895-1936): textos e documentos, 2003, con Ernesto Vázquez Souza, Ediciós do Castro.
- Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas, 2009, con Xosé Ramón Pena, Xerais.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- Obras literarias en castellano, de Álvaro Cunqueiro, 2006, Fundación José Antonio de Castro, Madrid.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2022: Premio Ramón Cabanillas que conceden as librarías Ramón Cabanillas e Contos e o Concello de Cambados.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Dobarro Paz, Xosé Mª". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ 2,0 2,1 Dicionario biográfico de Galicia.
- ↑ "Xosé María Dobarro recibe o Premio Ramón Cabanillas". La Voz de Galicia. 2022-06-04. Consultado o 2022-06-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Dobarro Paz, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 357-358.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Dobarro Paz, Xosé Mª". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 182–183. ISBN 84-8288-019-5.