Yusuf Antuan Suif
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1962 (62 anos) Chekka, Líbano (en) |
Arcebispo católico | |
1 de novembro de 2020 – ← Georges Bou-Jaoudé (en) Diocese: Maronite Catholic Archeparchy of Tripoli (en) | |
Arcebispo católico | |
6 de decembro de 2008 – ← Boutros Gemayel (en) Diocese: Maronite Catholic Archeparchy of Cyprus (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Educación | Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2008–), sacerdote católico (1987–) |
Consagración | Nasrala Pedro Sufair |
Yusuf Antuan Suif[1][2] (en árabe: يوسف انطوان سويف), nado no Líbano o 14 de xullo de 1962, é un eclesiástico católico maronita, dende 2008 arcebispo de Chipre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Xakka,[3] unha vila costeira da gobernación do Líbano Setentrional. Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1982, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, graduándose en 1987. Foi ordenado sacerdote o 5 de setembro de 1987 polo arcebispo de Trípoli Antun Xubair. En 1992 doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental, en Roma.
Foi elixido arcebispo de Chipre polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 6 de decembro de 2008, de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).
- ↑ Tamén Joseph Soueif, segundo a adaptación e romanización francesa do seu nome.
- ↑ Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 181. ISBN 9788820981914.