Zacatecas
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Estado de Zacatecas | |||
Concello | Zacatecas (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 149.607 (2020) (420,08 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 356,14 km² | |||
Altitude | 2.440 m | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 492-xx-xxx-xx | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Málaga Hanover Township (en) Lynwood (pt) Oaxaca de Juárez Orihuela Norwalk (pt) El Paso Prayagraj Azusa (pt) Victoria de Durango (2012–) | |||
Páxina web | capitalzacatecas.gob.mx | |||
Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.
A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.[1]
En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Temas Zacatecanos. Federico Sescosse Lejeune. Sociedad Amigos de Zacatecas. 1985. Zacatecas, México.
- ↑ El mexicano Declaran a Zacatecas "Ciudad Heroica" Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine., El Mexicano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zacatecas |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |