Saltar ao contido

Virxilio

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Virxilio
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons

Publius Vergilius Maro, Publio Virxilio Marón (70 a.C. – 19 a.C.), poeta da antiga Roma, autor de As Bucólicas e de A Eneida.

Citas

[editar]
  • "Audaces Fortuna iuvat."
    • Tradución: "A fortuna favorece os valentes."
    • Eneida, X, 284.
  • "Breve et irreparabile tempus omnibus est vitae."
    • Tradución: "O tempo de vivir é para todos breve e irreparable."
  • "Discite iustitiam, moniti, et non temnere divos."
    • Tradución: "Aprendede xustiza, advertidos, e non a desprezar os deuses"
    • Eneida,VI, 620.
    • Nota: Frase de Flexias, castigado nos infernos. A tradición afirma que un demo afirmou que era o mellor verso de Virxilio.
  • "Equo ne credite, Teucri / Quidquid id est, timeo Danaos et dona ferentes".
    • Tradución: "Non confiedes no cabalo, troianos. Sexa o que sexa, temo os dánaos (gregos), aínda dando agasallos".
    • Nota: Palabras do sacerdote troiano Laoconte. A frase "timeo Danaos et dona ferentes" é citada, entre outros, por René Goscinny nun dos álbums de Astérix, e é a orixe dun dito para expresar desconfianza en inglés ("Beware of the Greeks bearing gifts", literalmente "Tede coidado cos gregos que levan regalos").
  • "Fata viam invenient."
    • Tradución: "O destino abre as súas rutas."
    • Eneida, 10, 113.
  • "Flectere si nequeo superos, Acheronta movebo."
    • Tradución: "Se non podo persuadir os deuses do ceo, moverei os dos infernos."
    • Eneida, 7, 312.
«O tempo vaise para non volver».
  • "Fugit irreparabile tempus."
    • Tradución: "O tempo fuxe irreparablemente."
    • Xeórxicas, 3, 284.
  • "Hos ego versiculos feci, tulit alter honores
Sic vos non vobis nidificatis aves:
Sic vos non vobis vellera fertis oves:
Sic vos non vobis mellificatis apes:
Sic vos non vobis fertis aratra boves.
    • "Eu escribín estes versos, outro levouse as honras
así vosoutros non nidificades para vós mesmos, paxaros,
así vosoutras non levades a la para vós mesmas, ovellas,
así vosoutras non facedes o mel para vós mesmas, abellas,
así vosoutros non levades o arado para vós mesmos, bois."
  • "Nimium ne crede colori".
    • Tradución: "Non confiedes moito nas colores (na beleza)".
    • Bucólicas, 2, 17.
  • "Omnia vincit Amor; et nos cedamus Amori."
    • Tradución: "O amor conquista todas as cosas; démoslle paso ao amor."
    • Bucólicas, 10, 69.
  • "Possunt quia posse videntur."
    • Tradución: "Poden os que cren que poden."
    • Eneida, 5, 231.
  • "Una salus victis nullam sperare salutem."
    • Tradución: "A única salvación para os vencidos é non esperar salvación ningunha."
  • "Varium et mutabile semper, Femina."
    • Tradución: "Volátil e caprichosa sempre, a muller."
    • Eneida, 4, 569.
  • "A nosa raza é resistente pola súa liñaxe.
Ao nacer os nosos fillos,
levámolos aos torrentes, e nas augas xeadas curtímolos.
Os nosos mozos esperan a aurora para saír de caza, e explorar
bosques; a súa diversión é manexar os carros e os corceis, e disparar
co arco tenso os seus dardos. Pero, pacientes no seu traballo os nosos
mozos, acostumados a una vida sobria, co rastro domean o chan,
ou ben na guerra fan tremer as cidades."
  • "Mantua me genuit; Calabri rapuere; tenet nunc
Parthenope. Cecini pascua, rura, duces.
    • Tradución: "Mantua enxendroume; os calabreses leváronme; hoxe tenme Parténope (Nápoles). Canteille aos pastos, aos campos, aos caudillos."

Outras citas

[editar]
  • "Dos tempos, o que máis corre é o alegre".
  • "Os deuses axudan os homes que se axudan a si mesmos, e isto é mediante o traballo."