Saltar ao contido

Estatutos da CNT de 1977

En Galifontes, o Wikisource en galego.

ESTATUTOS DA C.N.T.

1977

RESGARDO DE DEPOSITO DE ESTATUTOS

Nestas Oficinas, e ás 11,30 do día de hoxe D. Juan Gómez Casas e D. Pedro Barrios Guazo, con D.N.I. núms. 19.422.499 e 1.950.003, respectivamente, depositaron os Estatutos da organización Profesional denominada «CONFEDERACIÓN NACIONAL DEL TRABAJO», que constan de 3 folios, así como a seguinte documentación:

-Acta de constitución

- Federación de Madrid

- Sindicato de Transporte

- Sindicato de Ensinanza

- Federación Local de Móstoles

- Sindicato de Oficios Varios

- Sindicato Metalúrxico


Madrid, 7 de maio de 1977

En Madrid, a catorce de maio de mil novecentos setenta e sete, ás 12 horas, a solicitude do Encargado da Oficina de Depósito de Estatutos, comparecen D. JUAN GOMEZ CASAS e D. PEDRO BARRIO GUAZO, presentadores da documentación relativa á «CONFEDERACIÓN NACIONAL DO TRABALLO» e, en complemento e aclaración da mesma, fan constar:

Que tanto os Sindicatos de Transporte e Ensinanza de Madrid como Federación Local de Madrid, os Sindicatos de Oficios Varios e Metalúrxico de Móstoles, a Federación Local de Móstoles e tódolos Sindicatos e Federacións adheridas á Confederación ríxense polas previsións contidas nos Estatutos desta en todo canto, segundo os respectivos ámbitos, resulta de aplicación.

Polo tanto, os Estatutos presentados, sono tanto da Confederación, como das Confederacións Rexionais, as Federacións Locais e Comarcais e os Sindicatos Locais.

TÍTULO PRIMEIRO

OBXECTO DA CONFEDERACIÓN

Art. 1º Co título de Confederación Nacional do Traballo, constitúese en España, unha organización que se propón o seguinte:

a) Traballar por desenvolver entre os traballadores o espírito de asociación, facéndolles comprender que só por estes medios poderán elevar a súa condición moral e material na sociedade presente e preparar o camiño para a súa completa emancipación na futura, mercé á conquista dos medios de produción e consumo.

b) Practicar a axuda mútua entre as colectividades federais, sempre que sexa necesario e estas o reclamen, tanto en casos de folga como en calquera outro que puidese presentárselles.

c) Soster as relacións con todos aqueles organismos obreiros afíns, xa nacionais ou internacionais, para a común intelixencia que conduza á emancipación total dos traballadores.

Art. 2º Para a consecución destes propósitos, a Confederación e os Sindicatos que a integran, utilizarán sempre a acción directa, sen delegar as loitas económicas e sociais dos traballadores en institución mediadora algunha, despoxando a loita obreira de toda inxerencia política ou relixiosa.

TITULO SEGUNDO

DOS SINDICATOS

Art. 3º Constituirán esta Confederación os Sindicatos de Ramo ou Industria en tódalas Poboacións, sexa cal sexa a súa importancia, as cales, formarán as Federacións Locais, Comarcais ou Rexionais, sen que teñan en conta para nada as diferenzas de sexo ou raza.

Art. 4º Os Sindicatos adheridos á Confederación rexiranse coa maior autonomía posible, entendéndose por esta, a absoluta liberdade en tódolos asuntos relacionados coas profesións que integren a industria que respectivamente representen. Como medios circunstanciais, serán adoptados os que cada caso requirise e sempre dacordo cos tomados por maioría de Sindicatos Confederados.

Art. 5º Para ingresar na Confederación, bastará con que o Sindicato solicitante envíe ó Comité Nacional, Rexional ou Local, copia exacta da acta en que conste o acordo de adhesión, número de socios que o compoñan, domicilio social, un regulamento do mesmo e cantos detalles considere precisos o Comité para organizar a súa Sección de Estadística.

Art. 6º Cada sección, adquirirá mensualmente para os seus asociados o selo confederal nacional que valerá 120 pts., que ten a seguinte distribución:

20 pts. para o Comité Nacional

20 pts. para o Comité Rexional

20 pts. para a Federación Local

20 pts. para o Comité Pro-Presos

que deben obrar en poder dos Comités Rexionais.

40 pts. para o Sindicato.

Independentemente dos selos que cada militante adquira como cotización voluntaria.

A Confederación, vén obrigada a publicar trimestralmente no periódico «CNT» unha estadística de gastos e ingresos, e altas e baixas habidas no seu seno.

Cando varias poboacións constitúan a Federación Comarcal, a cotización correspondente á Local debe pasar á Primeira.

TITULO TERCEIRO

DO COMITÉ NACIONAL

Art. 7º Esta Confederación terá un Comité Nacional de administración de relación que estará formado por cinco militantes elexidos por un pleno de militantes da localidade onde teña a súa residencia dito Comité, máis un delegado de cada Confederación Rexional, o cal reunirase en sesión plenaria sempre que o Comité o estime necesario e en ningún caso menos dunha vez cada tres meses.

Art. 8º Os cargos de Secretariado permanente do Comité serán distribuídos no seguinte modo:

- Secretario Xeral.

- Tesoreiro-Contador que terá tamén ó seu cargo a Asesoría Xurídica e o Comité Nacional Pro-Presos.

- Secretario de Prensa, propaganda e cultura.

- Secretario de Organización.

- Secretario de Relacións Externas.

Art. 9º O Comité ten actualmente a súa residencia en Madrid, e a Confederación ten o seu enderezo na rúa Libertad 15, primeiro.

Art. 10º Este Comité renovarase cada ano, despois de celebrarse o Congreso da Confederación e unha vez acordado por este a poboación de residencia do novo Comité.

TITULO CUARTO

DOS CONGRESOS

Art. 11º Esta Confederación celebrará un Congreso anual regulamentario e os extraordinarios que sexan precisos, a xuízo do Comité Nacional ou a petición da maioría dos Sindicatos e en distintas localidades.

Art. 12º Para os Congresos ordinarios, o Comité estará obrigado a notificar ós Sindicatos con tres meses de anticipación, a data da súa celebración, a fin de que os mesmos manden os temas a discusión, cuxo prazo de admisión terminará un mes antes de dar comezo o Congreso, con obxecto de que se publique orde do día no periódico órgano da Confederación.

Art. 13º Os Sindicatos virán obrigados a aceptar os acordos tomados nestes Congresos.

Art. 14º Esta Confederación non poderá disolverse mentras sete entidades queiran continuar.

Art 15º En caso de disolución, fondos que houbese repartiranse entre os presos por delitos sociais, e os enseres entre as escolas que sosteñan entidades obreiras de resistencia ó capital.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

É absolutamente necesaria a presentación dos documentos sindicais para recibir o apoio dos Sindicatos.