adenina
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aðeˈnina̝/ (AFI)
adenina (sg: adenina; pl: adeninas)
- (Bioquímica) Nome corrente da 6-aminopurina, base púrica de fórmula C5H5N5, que forma parte dos ácidos nucléicos (ADN e ARN) e dalgúns coenzimas. Antigamente foi considerada unha vitamina (vitamina B4).
Observacións
O seu nome alude a que foi encontrada en órganos glandulares.