Saltar ao contido

cabecear

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ka.βe.θeˈaɾ] (AFI)

Verbo intransitivo

cabecear

  1. Deixar caer a cabeza por mor do sono ao non estar debidamente apoiado.
  2. Mover a cabeza para asentir ou negar.
  3. Moverse [un barco] levantando e baixando a proa e a popa alternativamente.
  4. Lindar [unha leira] con outra pola cabeceira.
  5. (Deportes) Xogar o balón dándolle coa cabeza.

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo intransitivo

cabecear

  1. Cabecear, cotelear, monear, moquear, topenear, toquear, toquenear (deixar caer a cabeza por mor do sono ao non estar debidamente apoiado).
  2. Cabecear (mover a cabeza para asentir ou negar).
  3. Cabecear (moverse [un barco] levantando e baixando a proa e a popa alternativamente).
  4. Cabecear (lindar [unha leira] con outra pola cabeceira.).
  5. (Deportes) Cabecear (xogar o balón dándolle coa cabeza).