Saltar ao contido

experiencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «experiencia».
  • Pronuncia: /ekspeˈɾjɛnθja̝/ (AFI)

Substantivo feminino

experiencia

  1. Coñecemento que se ten dunha actividade, oficio, cousa etc., adquirido fundamentalmente despois de realizala, usala ou vela, durante certo tempo.
    • Exemplo: Apenas ten experiencia con ordenadores. Precísanse camareiros con experiencia.

  2. Situación ou suceso polo que alguén adquire coñecementos do mundo e da vida.
    • Exemplo: Foi unha experiencia que non quero repetir.

  3. Coñecemento do mundo e da vida.
  4. Estudo dun fenómeno a través da observación.
    • Exemplo: O profesor está realizando diversas experiencias no laboratorio.

    • Sinónimos: experimento.

Termos relacionados

Traducións