minúsculo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín minusculus, diminutivo de minus.
- Pronuncia: /miˈnuskulo̝/ (AFI)
minúsculo (ms: minúsculo; mpl: minúsculos; fs: minúscula; fpl: minúsculas)
- Moi pequeno.
- Sinónimos: insignificante.
- Antónimos: colosal, enorme, inmenso, inxente.
- Dise da letra ou carácter de tamaño pequeno que normalmente empregamos, contrario ao maiúsculo, que se emprega no inicio das frases e nos nomes propios.