Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
Aparencia
Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio foron fitos acordados no ano 2000 por todos os países, que debían permitir unha maior igualdade no mundo en 2015, segundo as Nacións Unidas.
Historia
Estes obxectivos especificáronse en fitos para medir o seu logro.[1] [2] Os obxectivos foron:
- Erradicar a pobreza extrema e a fame
- Conseguir a educación primaria universal
- Promover a igualdade de xénero
- Reducir a mortalidade infantil
- Mellorar a saúde na maternidade
- Loita contra a Sida, a malaria e outras enfermidades
- Fomentar o desenvolvemento sostible
- Desenvolver unha asociación global para o desenvolvemento
Substitución
En 2015, estes obxectivos foron substituídos polos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Notas
- ↑ "Millennium Development Goals - UN Millennium Project". Millennium Development Goals (en inglés). 2017-05-15. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ Siteresources.worldbank.org (ed.). "MDGs Official List" (PDF). siteresources.worldbank.org. Consultado o 2008.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio |
- Cooperación
- Cooperación internacional
- Desenvolvemento sustentábel
- Dereitos humanos
- Dereitos humanos e cambio climático
- Dereitos humanos e desenvolvemento
Ligazóns externas
- Campaña "Saúde no Milenio: unha sinatura pendente" Arquivado 29 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Arquivado
- Ligazón á páxina da ONU