Maternidade
A maternidade é a condición de nai, o feito de traer un bebé ao mundo. Por extensión o termo designa tamén o estabelecemento hospitalario onde se atende as mulleres durante o embarazo, parto e puerperio, así como os lactantes.[1] É un concepto que abrangue moitos puntos de vista e o uso en plural.[2] No século XX e XXI iniciáronse varios debates sobre a maternidade, sobre todo desde o pensamento feminista nos que se cuestiona a súa transcendencia no económico, político e social.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Procede de matrem (mater-matris) e está próxima en morfoloxía e significado a matrix, matriz.[3]
Definición
[editar | editar a fonte]Segundo a historiadora Rosa María Cid López remite a feitos biolóxicos, funcións sociais, representación simbólica e a unha construción cultural e social.[4]
A maternidade vista desde o feminismo
[editar | editar a fonte]Antes que o estudo da historia foi o feminismo o que se ocupou da análise da maternidade.[4]
Hai diferentes análises de como enfrontou a primeira onda do feminismo a maternidade. Anne Cova analiza que en numerosos países servíronse da maternidade como triunfo para penetrar na esfera pública reivindicando dereitos para as nais e para as mulleres en xeral.[4][5] Carmen Suárez Suárez denomina feminismo maternalista ou maternalismo feminista á reivindicación desde o feminismo de dereitos especiais ou específicos para as mulleres por ser nais nas primeiras décadas do século XX.[6]
Na segunda onda do feminismo no feminismo da igualdade a maternidade foi cuestionada desde a necesidade de independencia que se analizaba coartada por esta.[7] O segundo sexo de Simone de Beauvoir é clave nesta formulación.[4] Logo, cobrou moita importancia a denuncia da imposición do modelo de muller e de familia na obra de Betty Friedan The Feminine Mystique.[8]. Shulamith Firestone, na década de 1970, en The Dialectic of Sex (a dialéctica do sexo) propuxo unha maternidade artificial para superar a suxeición das mulleres á maternidade.[4]
Adrienne Rich en Of Woman Born: Motherhood as Experience and Institution (Nacemos de muller. A maternidade como experiencia e institución) disocia a maternidade como experiencia da maternidade como institución[9] e oponse á análise da segunda onda do feminismo. Rich considera que a maternidade é un espazo de poder que a muller ten que recuperar.[4] O feminismo da diferenza compartiu esta visión na súa reivindicación dos valores culturalmente atribuídos ao feminino. Valores asociados á maternidade e á socialización diferenciada das mulleres.[7] A maternidade está contemplada na obra de Luisa Muraro L'ordine simbolico della madre (A orde simbólica da nai).[4]
Nas análises desde o feminismo, tamén foi importante o cuestionamento do amor maternal que fixo Elisabeth Badinter na súa obra L'Amour en plus [4] e a obra de Kate Millett.[10]
Historia
[editar | editar a fonte]As transformacións sociais inflúen na forma de concibir e representar a maternidade, mais é un tema que aínda está pouco estudado.[4]
No Antigo Exipto existían significados especiais na maternidade e que usualmente se manifestaban no hábito funerario.[11]
Na investigación histórica na análise da maternidade en occidente estabelecen dous períodos diferenciados, antes e despois do século XVIII. Na antigüidade e na Idade Media habería unha desvalorización da maternidade relacionada coa énfase no poder paterno. No século XVIII deseñaríase unha nova imaxe da relación da muller coa maternidade e unha exaltación do amor materno.[12]
Século XX
[editar | editar a fonte]A Segunda República Española lexislou sobre a maternidade coa instauración do Seguro de Maternidade. Foi controvertido e xerou varios conflitos, sobre todo en Cataluña.[13] No franquismo a Igrexa Católica e a Falange configuraron un modelo de muller tradicional que tiña na maternidade e a perpetuación da familia a súa misión suprema.[14] No Estado Español considérase que unha figura importante na imposición dun modelo maternal foi a do médico Gregorio Marañón.[4]
Na URSS concedeuse desde 1944 a Medalla á Maternidade ás nais que tivesen e educasen cinco fillos (segunda clase) ou seis e máis fillos (primeira clase).[15]
A maternidade desde a antropoloxía
[editar | editar a fonte]A Antropoloxía clásica, Bronisław Malinowski, Margaret Mead, Claude Lévi-Strauss, non se interesou pola maternidade. Comezou a ser obxecto de estudo na década de 1970 coa aparición da antropoloxía feminista.[16]
Conceptualización da maternidade
[editar | editar a fonte]Sharon Hays elaborou o concepto de maternidade intensiva para denominar o tipo de maternidade que se desenvolveu nas décadas de 1970 e 1980 nos países ricos.[17]
Sepáranse como distintos conceptos a maternaxe da maternidade.[18]
Para Celia Amorós o proxecto de ter un fillo cando é un proxecto dunha maternidade pensada, cando é un proxecto humano, non é inmanencia, non é mera repetición da vida, é transcendencia.[19]
No plano político considérase que falar da maternidade tanto apunta ao dereito de ser nai e de vivenciar unha maternidade plena como ao dereito da muller de escoller non ser nai.[20][21]
Para Elisabeth Badinter a maternidade converteuse nunha nova forma de escravitude como resultado da crise económica nos inicios do século XXI en Europa.[22]. Desde a heterodoxia Casilda Rodrigáñez Bustos considera que a maternidade está robotizada.[23]
No plano económico para Carolina del Olmo a maternidade é "un lugar atravesado pola economía, a política e a moral e que ao mesmo tempo constitúe o centro da nosa estrutura social e lle dá forma ao sentido común e á ética compartida".[24]
No século XXI hai unha familia posfamiliar para a que foi preciso que houbese varias disociacións sucesivas, o sexo con respecto á reprodución, a maternidade con respecto ao matrimonio e a maternidade con respecto á parella.[25]
Desde a antropoloxía cultural, como explica a antropóloga Henrietta Moore, en todas as sociedades as mulleres dan a luz, mais este feito non merece sempre idéntico recoñecemento.[26] Para Cristina Palomar Verea "A maternidade non é un “feito natural”, senón unha construción cultural multideterminada, definida e organizada por normas que se desprenden das necesidades dun grupo social específico e dunha época definida da súa historia."[27] Para Perrot a maternidade non comeza co embarazo, xa que para moitas mulleres a maternidade é fonte de identidade aínda cando non fose unha etapa vivida.[28]
En España a propia definición do que é a maternidade quedou traspasada polo cuestionamento da súa existencia máis aló do biolóxico nas sociedades patriarcais e da súa non equiparación e secundarización con respecto da paternidade no libro El vacío de la maternidad de Victoria Sau:
A maternidade biolóxica (concepción, embarazo e parto) así como por extensión a crianza, non pode ser considerada maternidade desde unha perspectiva de rango humano se non vai seguida da súa correspondente transcendencia no económico, político e social. A Nai foi rebaixada á condición de funcionaria do Pai.[29]
A situación legal sobre os permisos de maternidade e de paternidade están converxendo en 2018 en Galiza.[30]. A confluencia pode ser considerada como un índice de maior corresponsabilidade.
Para apoiar o valor social da maternidade e a paternidade é preciso evitar os efectos negativos da maternidade nos dereitos das mulleres e promover a consideración da paternidade nun contexto familiar e social de corresponsabilidade, de acordo cos novos modelos de familia[31]
Marga Tojo en Maternidade fóra de catálogo escribe un ensaio sobre a maternidade [32] no que considera que
os debates da maternidade non se limitan, como con frecuencia se suxire, a dilemas interiores irresolúbeis (...) Temos diante tamén un dilema exterior. Unha situación social analizábel. A procura da corresponsabilidade inclúe sinalar a función dos gobernos no benestar da infancia e a súa implicación na precarización da crianza.[33]
Diana López Varela escribiu Maternofobia que analiza as presións cara a ela na vida das mulleres.[34]
Susana Carro investiga na construción simbólica e xurídica da maternidade.
Na ciencia
[editar | editar a fonte]Desde o sexismo científico opúxose intelecto e maternidade.[35]
A científica María de la Fuente propuxo no século XXI mecanismos correctores para que a maternidade non limitase as carreiras científicas.[36]
No asociacionismo
[editar | editar a fonte]Da maternidade compartida xorden asociacións de acción política como o caso das Nais de Praza de Maio ou o caso das nais contra a droga no xermolo de Érguete.[37]
Na arte
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Maternidade na arte.
A maternidade está amplamente representada na arte sendo central a través da representación da Virxe María evolucionado o seu tratamento na arte contemporánea.
Na socioloxía
[editar | editar a fonte]En 2016 Orna Donath publicou un ensaio sobre a maternidade como unha opción valorada desde o arrepentimento.[38]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maternidade.
- ↑ "Maternidades: ser o no ser (madre)". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-10-12.
- ↑ Tembrás, Dores (21 de marzo de 2019). "Maternidades". Luzes. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Cid López, Rosa María. Atti del VI Congresso della Societá Italiana delle Storiche, Il Poligrafo, ed. La maternidad en Occidente. Reflexiones desde el feminismo y la historia (en Castelán).
- ↑ Cova, Anne. "História da Maternidade: em que ponto estamos?1" (PDF) (en portugués). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ Maternidades : (de)construcciones feministas. Oviedo: Krk Ediciones. 2009. p. 147. ISBN 9788483671610. OCLC 588972188.
- ↑ 7,0 7,1 Sánchez, C.: Simone de Beauvoir: Del sexo al género.
- ↑ Fernández Pujana, Irati (Setembro de 2014). Feminismo y maternidad: ¿una relación incómoda? (en español). Emakunde. p. 44. ISBN 978-84-697-1242-9.
- ↑ Sánchez Benítez, Natalie (Abril de 2016). La experiencia de la maternidad en mujeres feministas (en español). Nómadas 44. p. 257.
- ↑ Fernández Pujana, Irati (Setembro de 2014). Feminismo y maternidad: ¿una relación incómoda? (en español). Emakunde. p. 27. ISBN 978-84-697-1242-9.
- ↑ Jamille, Márcia. "Ser mãe no Egito Antigo" (en portugués). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ Sobottka Rolim de Moura, Solange Maria; Araújo, Maria de Fátima (2004). PSICOLOGIA CIÊNCIA E PROFISSÃO, ed. "A Maternidade na História e a História dos Cuidados Maternos" (PDF) (en portugués). p. 47. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ Giménez Baeza, Estela. Universidad Autónoma de Barcelona, ed. "Segunda República: Relaciones laborales y género" (PDF) (en Castelán). p. 3. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Martínez Cuesta, Francisco Javier. Revista de Comunicación y Salud, ed. "Maternidad y primer franquismo" (en Castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Volodin, A.; Merlai, H. (1997): Медаль CCCP - Medals of the URSS. Riga. ISBN 5-7062-01110
- ↑ Fernández Pujana, Irati (Setembro de 2014). Feminismo y maternidad: ¿una relación incómoda? (en español). Emakunde. p. 24. ISBN 978-84-697-1242-9.
- ↑ Gimeno, Beatriz. Revista Anfibia, ed. "Madres en la trampa del amor romántico". Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ Sobottka Rolim de Moura, Solange Maria; Araújo, Maria de Fátima (2004). PSICOLOGIA CIÊNCIA E PROFISSÃO, ed. "A Maternidade na História e a História dos Cuidados Maternos" (PDF) (en portugués). p. 45. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ Youtube (ed.). "Teoría feminista. Celia Amorós". Consultado o 8 de maio de 2018.
- ↑ Souza, Lizandra (10 de decembro de 2016). Diarios de uma feminista, ed. "Maternidade e feminismo, um diálogo pertinente" (en portugués). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Lara, Sandra (1 de febreiro de 2016). Pikara Magazine, ed. "La verdadera evolución de la especie. Un artículo sobre la no maternidad" (en Castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Cejudo, Conchi. Cadena Ser, ed. "Elisabeth Badinter: "La maternidad es una nueva forma de esclavitud"" (en Castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2018.
- ↑ Blog. Todo es lo mismo (ed.). "Entrevista a Casilda Rodrigáñez". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Camiñamos cara a un mundo no que coidar persoalmente dos teus fillos vai ser un luxo", entrevista de Marcos Pérez Pena a Carolina del Olmo en Praza Pública, 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ Barceló Tous, María Inmaculada. Revista de Antropología Ibeoamericana, ed. "Un camino hacia la maternidad pospatriarcal" (PDF) (en Castelán). p. 133. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ http://unaantropologaenlaluna.blogspot.com.es/2012/10/madre-no-hay-mas-que-una-la-maternidad.html
- ↑ Palomar Verea, Cristina (2005). "Maternidad: historia y cultura". La Ventana (22).
- ↑ Barceló Tous, María Inmaculada. Revista de Antropología Ibeoamericana, ed. "Un camino hacia la maternidad pospatriarcal" (PDF) (en Castelán). p. 133. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Victoria Sau. El vacío de la maternidad.
- ↑ Pérez Pena, Marcos. Praza Pública, ed. "Só 293 pais galegos compartiron o permiso de maternidade en 2017". Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ "II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC 2014-2018" (PDF). p. 12. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Dopico, Montse. Praza Pública, ed. "Marga Tojo: “Reducir a maternidade a unha guerra entre malas nais e hipernais non axuda. Debilita, divide, quita a voz”". Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ Tojo, Marga (marzo de 2018). "Maternidade fóra de catálogo". Luzes (54): 91.
- ↑ López Varela, Diana (2 de xuño de 2019). "Las generaciones anteriores de mujeres estaban menos sometidas que ahora a la presión de 'la buena madre". eldiario.es (en castelán). Entrevista con Marta Borraz. Consultado o 3 de xuño de 2019.
- ↑ "El sexismo «científico» en la Europa decimonónica | Ciencia y más". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-03-09. Consultado o 2020-06-16.
- ↑ de la Fuente, María (12 de febreiro de 2021). "Non se trata de priorizar a carreira científica ou a maternidade. As dúas deben ser compatibles". Praza Pública. Entrevista con Marcos Pérez Pena. Consultado o 12 de febreiro de 2021.
- ↑ "Las madres viguesas contra la droga cumplen 35 años". Atlántico (en castelán). 2020-10-07. Consultado o 2021-01-08.
- ↑ https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5819955
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Pujana, I. (2014): Feminismo y maternidad: ¿Una relación incómoda?. Gasteiz: Emakunde.
- Patricia Merino Murga Maternidad, Igualdad y Fraternidad[1]
- Jacqueline Rose. Madres: un ensayo sobre la crueldad y el amor.[2] (en castelán)
- Adrienne Rich. Of Woman Born: Motherhood, 1976 (en inglés)
- Las mujeres y los niños primero. Discursos de la maternidad. Ángeles de la Concha (coord.) Raquel Osborne (coord.) ISBN 978-84-7426-693-9, 2004
- Yvonne Knibiehler. Histoire des méres et de la maternité en Occident, 2002. ISBN 9782130528609(en francés)
- Gisela Bock e Pat Thane, Maternity and Gender Policies Women and the Rise of the European Welfare States, 1880-1950s, 1991, ISBN 0415047730.(en inglés)
- Marina d´Amelia. Storia della Maternita, 1997. (en italiano)
- Maternidades. (De)construcciones feministas. Carmen Suárez Suárez editora. Ediciones KRK. 2009. Alternativas colección.
- Esther Vivas. Mamá desobediente. Una mirada feminista a la maternidad. Capitán Swing. 2019 (en castelán)
- Debates sobre la maternidad : desde una perspectiva histórica (siglos XVI-XX). Barcelona: Icaria Editorial. 2010. ISBN 9788498882339. OCLC 676870930.
- Mesa Redonda “LA REPRESENTACIÓN CULTURAL DE LA MATERNIDAD” Arquivado 10 de xullo de 2020 en Wayback Machine.(en castelán)
- Rábade Villar, María do Cebreiro. Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. Galaxia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nai
- Feminismo
- Maternidade libre
- Aborto
- Lactación
- Embarazo
- Permiso por maternidade
- Tristeza da maternidade
- Depresión posparto
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La maternidad sale del armario", artigo de Laura Freixas en La Vanguardia, 7 de outubro de 2017 (en castelán).
- Múltiples feminismos y discursos sobre las maternidades Arquivado 14 de agosto de 2015 en Wayback Machine., conferencia de Lorena Saletti (en castelán).
- Luisa Muraro. El orden simbólico de la madre. En pdfArquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Merino Murga, Patricia (20 de xuño de 2018). "Maternidad y políticas: confusiones, falsedades y mandatos". El Diario (en español). Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ Zas Marcos, Mónica (26 de xuño de 2018). "“Una madre no tiene permitido, bajo ningún concepto, ser un sujeto sexual”". El Diario. Consultado o 2 de xullo de 2018.