Saltar ao contido

Peter Debye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Debye

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Peter Debije Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Petrus Josephus Wilhelmus Debije Editar o valor en Wikidata
24 de marzo de 1884 Editar o valor en Wikidata
Maastricht, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Ithaca, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPleasant Grove Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic (1906–)
Universidade Técnica de Aachen (pt) Traducir (1901–1905)
ETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Director de teseArnold Sommerfeld Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, fisicoquímica, química teórica (pt) Traducir e Raios X Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leipzig Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático, científico, enxeñeiro, cristalógrafo, físico teórico, químico, físico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell (1940–)
Universidade Humboldt de Berlín (1934–)
Universidade de Leipzig (1927–)
Universidade de Zürich (1920–)
Universidade de Gotinga (1914–)
Universidade de Utrecht. Q62416144 Traducir (1912–1914)
ETH Zürich (1911–)
Universidade de Múnic (1906–)
Kaiser Wilhelm Institute for Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresArnold Sommerfeld Editar o valor en Wikidata
AlumnosLars Onsager e Oskar Georg Harnapp (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19275th Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLars Onsager, Felix Bloch, Rudolf Peierls (pt) Traducir, Paul Scherrer (pt) Traducir, Hans Falkenhagen (pt) Traducir, Hertha Sponer, Fritz Zwicky, Wiktor Kemula (mul) Traducir, Hans Falkenhagen (pt) Traducir, Alexander Naumann (en) Traducir, Franz Wever (pt) Traducir, Raymund Sänger, Willy Hardmeier (en) Traducir, Willem Cornelis Mandersloot (en) Traducir, Michael Ignatius Maria van Everdingen (en) Traducir, Emil Funk (en) Traducir, Auguston Budo (en) Traducir, Ludwig Bewilogua (en) Traducir, Gerhard Klingler (en) Traducir, Heinz Schöpel (en) Traducir, Hildegard Geest (en) Traducir, Gerhard Martin (en) Traducir, Karl Schatz (en) Traducir, Otto Ernst Mittelstaedt (en) Traducir, Theodor Burbach (en) Traducir, Willem van der Grinten (en) Traducir, Horst Müller (en) Traducir, Wilhelm Erfurth (en) Traducir, Rudolf Gast (en) Traducir, Hermann Kurzweg (en) Traducir, Lothar Hahn (en) Traducir, Hans-Heinrich Rust (en) Traducir, Friedrich Biedermann (en) Traducir, Werner Linke (en) Traducir, Hans-Christoph Wohlrab (en) Traducir, Hans Triebel (en) Traducir e Rudolf Hermann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMathilde Alberer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.321)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.99) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Debye-2 Find a Grave: 1688 Editar o valor en Wikidata

Petrus (Peter) Josephus Wilhelmus Debye ou Petrus Josephus Wilhelmus Debije, nado en Maastricht (Países Baixos) o 24 de marzo de 1884 e finado en Ithaca (Nova York) o 2 de novembro de 1966 foi un físico-químico e profesor universitario estadounidense de orixe neerlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou matemáticas, física e química na Universidade Técnica de Aquisgrán, universidade situada en Alemaña pero a tan só 30 quilómetros de Maastricht, e onde se licenciou en 1905 baixo a supervisión de Arnold Sommerfeld. En 1906 doutorouse na Universidade de Múnic, tamén baixo a supervisión de Sommerfeld, o cal nomearao asistente persoal. Conseguiu o seu PhD (Philosophiæ Doctor) cunha disertación sobre presión de radiación en 1908.

Entre 1911 e 1935 impartiu clases de física nas universidades de Utrecht en 1912, Gotinga en 1913, volveu á Zürich en 1920, na de Leipzig en 1927, e finalmente volveu a Berlín en 1934 onde foi nomeado director do Instituto Kaiser Guillerme de Física.

En 1913 casou con Mathilde Alberer. Tiveron unha filla e un fillo (Peter P. Debye) que se converteu nun físico recoñecido e colaborou con Debye nalgunhas das súas investigacións.

En 1938 trasladouse aos Estados Unidos, onde impartiu clases de química na Universidade Cornell entre 1940 e 1952. En 1946 obtivo a cidadanía estadounidense e nese momento cambiouse o seu nome holandés pola súa transcrición inglesa.

Debye faleceu o 2 de novembro de 1966 na poboación de Ithaca, a consecuencia dun infarto de miocardio.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]
Quinto Congreso Solvay de 1927. Podemos ver a Peter Debye o primeiro pola esquerda da fila central, sentado á beira de Martin Knudsen e detrás de Irving Langmuir.

En 1912 introduciu unha modificación na teoría da calor específica desenvolvida por Albert Einstein, calculando a probabilidade de calquera frecuencia de vibracións moleculares ata unha frecuencia máxima; este desenvolvemento foi un dos primeiros éxitos teóricos da teoría cuántica.

En 1913, estendeu a teoría da estrutura atómica de Niels Bohr, introducindo órbitas elípticas no modelo, concepto tamén introducido polo físico alemán Arnold Sommerfeld.

En 1923, co seu asistente Erich Hückel, desenvolveu unha mellora na teoría de Svante Arrhenius sobre a condutividade eléctrica en solucións electrolíticas, coñecida como ecuación Debye-Hückel, que hoxe en día aínda se considera como un importante paso na comprensión das solucións electrolíticas.

Tamén en 1923, xunto con Arthur Holly Compton, desenvolveu unha teoría para explicar o efecto Compton, a difracción dos raios X cando interactúan con electróns.

En 1926 suxeriu a existencia do efecto magneto-calórico, mediante o cal pódense obter temperaturas inferiores a 0,3 kelvin.

Foi galardoado en 1936 co premio Nobel de Química polas súas contribucións ao coñecemento das estruturas moleculares.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse ao asteroide (30852) Debye descuberto o 2 de outubro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davies, M. (1970). "Peter Joseph Wilhelm Debye. 1884–1966". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 16: 175. doi:10.1098/rsbm.1970.0007. 
  • Smith, Charles (1970–80). "Debye, Peter Joseph William". Dictionary of Scientific Biography. 3. Nova York: Charles Scribner's Sons. pp. 617–621. ISBN 978-0-684-10114-9.
  • Williams, J. W. (1975). Peter Joseph Wilhem Debye (PDF). National Academy of Sciences. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]