Saltar ao contido

Mario J. Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario J. Molina

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Mario Molina Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mario José Molina Henríquez Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 2020 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - fisicoquímica (1968–1972)
Universidade de Freiburg im Breisgau (1965–)
Universidade Nacional Autónoma de México - enxeñaría química (1960–) Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorge Claude Pimentel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica, enxeñaría química e química Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, enxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en San Diego (2005–)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (1989–2005)
Laboratorio de Propulsión a Chorro (1980–1989)
Universidade da Califórnia em Irvine (pt) Traducir (1973–1980) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMario Molina, 77, Dies; Sounded an Alarm on the Ozone Layer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6225467 Find a Grave: 216474298 Editar o valor en Wikidata

José Mario Molina-Pasquel Henríquez, nado o 19 de marzo de 1943 en Cidade de México e finado o 7 de outubro de 2020 no mesmo lugar,[1] foi un enxeñeiro químico mexicano e un dos máis importantes precursores para o descubrimento do buraco de ozono antártico. Foi gañador (xunto con Paul J. Crutzen e Frank Sherwood Rowland) do Premio Nobel de Química de 1995[2] polo seu papel para a dilucidación da ameaza á capa de ozono da Terra por parte dos gases clorofluorocarbonos (CFC), converténdose no primeiro cidadán mexicano en recibir o Premio Nobel de Química.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Roberto Félix Molina Pasquel (Veracruz, 1908) e Leonor Henríquez. O seu pai foi avogado, profesor na UNAM e embaixador de México en Etiopía, Australia e Filipinas.

Cursou a escola primaria na Cidade de México, e á idade de once anos—continuando a tradición familiar—os seus pais enviárono a estudar a Suíza.

En 1960 ingresou á Facultade de Química da UNAM para estudar enxeñería química. En 1965, logo de graduarse, proseguiu os seus estudos de posgrao na Universidade de Friburgo (Alemaña), onde pasou case dous anos investigando en cinética de polimerizacións. Entre 1967 e 1968, pasou algúns meses en París e outros na Cidade de México. Nese ano ingresou ao programa de doutoramento en fisicoquímica da Universidade de Berkeley (California).

En Berkeley, incorporouse ao grupo de investigación do Profesor George C. Pimentel. Molina obtivo o doutoramento en 1972, e permaneceu un ano máis en Berkeley, antes de converterse, en 1973, investigador asociado na Universidade de California en Irvine, co Profesor F. Sherwood Rowland.

Molina foi nomeado membro do profesorado de Irvine en 1975, liderando as súas propias investigacións a partir de entón. Logo de sete anos en Irvine, Molina decidiu explorar a vida profesional extraacadémica, e uniuse ao Jet Propulsion Laboratory, no grupo de Física e Química cuántica.

Molina volveu á academia en 1989, ao incorporarse ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como Profesor, e adquiriu cidadanía estadounidense.

É membro de El Colegio Nacional (México) e é un membro notable da Academia Pontificia das Ciencias.

Molina foi electo asesor do equipo de transición do presidente estadounidense Barack Obama para cuestións de conservación e preservación do ambiente en novembro do 2008.[3]

Molina foi Presidente de Honra da Asociación Mares de México, constituída no ano 2009 e dedicada á conservación dos mares[4]

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Realizou diversas investigacións no ámbito da química ambiental sobre os problemas ambientientais. En 1974, Rowland e Molina daban conta dos resultados das súas investigacións nun artigo publicado na revista Nature. Nel advertían da crecente ameaza que o uso dos gases CFC supuñan para a capa de ozono, aviso que naquel momento foi criticado e considerado excesivo por un sector de investigadores. Con todo, a tenacidade e o convencemento que depositaron nas súas propias teorías conquistou as mentes máis incrédulas. Tras arduas deliberacións, Molina e Rowland conseguiron a aprobación ás súas teses en encontros científicos internacionais e estiveron presentes nas reunións nas que se fixaron os parámetros de control que debían facer cada país na emisión de CFCs. En 1989, Mario Molina pasou a traballar no Departamento de Ciencias Atmosféricas, Planetarias e da Terra do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como investigador e profesor. E en 1994, o seu traballo brindoulle outro recoñecemento, neste caso do presidente dos Estados Unidos, que lle nomeou membro do comité que lle asesora sobre asuntos de ciencia e tecnoloxía, ao que pertencen 18 científicos.

O punto culminante da súa traxectoria de traballo e perseveranza en prol da súa preocupación por un problema que afecta a todo o planeta chegou o 11 de outubro de 1995. Mario Molina recibía, xunto con Rowland o Premio Nobel de Química por ser os pioneiros en establecer a relación entre o buraco de ozono e os compostos de cloro e bromuro na estratosfera. O galardón tamén se concedía ao holandés Crutzen, do Instituto Max-Planck de Química de Mainz (Alemaña) quen achou en 1970 que os gases contaminantes teñen un efecto destrutor nesa capa, sen descomporse.

O 4 de decembro de 1995, Molina, Rowland e Crutzen foron premiados ademais polo Programa da ONU para o Medio (UNED), pola súa contribución á protección da capa de ozono.

Molina posúe tamén os premios Tyler (1983) e Essekeb (1987) que concede a American Chemical Society, o Newcomb-Cleveland, da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (1987), por un artigo publicado na revista Science que explicaba os seus traballos sobre a química do buraco de ozono na Antártida. E a medalla da NASA (1989) en recoñecemento aos seus logros científicos. Mario Molina sinalou nalgunha ocasión que cando elixiu o proxecto de investigar o destino dos CFCs na atmosfera, fíxoo simplemente por curiosidade científica. Non considerou as consecuencias que levarían os seus estudos. Pero cando se deu conta da envergadura do seu descubrimento, sentiuse sobrecollido, porque o seu achegue non só contribuíu á comprensión da química atmosférica, senón que ademais supuxo un profundo impacto na conciencia ecolóxica de todo o mundo.

  1. "Muere Mario Molina, premio Nobel de Química mexicano". Animal Político (en castelán). 2020-10-07. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2020. Consultado o 2020-11-30. 
  2. "The Nobel Prize in Chemistry 1995". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  3. "Somos Primos: Dedicated to Hispanic Heritage and Diversity Issues". www.somosprimos.com. Consultado o 2015-12-16. 
  4. "Mares de México". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
George Andrew Olah
Premio Nobel de Química

1995
con
Paul J. Crutzen
e Frank Sherwood Rowland
Sucesor:
Robert Curl,
Harold Walter Kroto
e
Richard Errett Smalley