Saltar ao contido

Deserto de Karakum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDeserto de Karakum
Imaxe
Tipodeserto Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaAhal, Turkmenistán (pt) Traducir e Turkmenistán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°N 60°L / 39, 60
Comparte fronteira conUstyurt (pt) Traducir, norte
río Amu Daria, leste
Kopet Dag (pt) Traducir, sur
Mar Caspio, oeste Editar o valor en Wikidata
Características
AtravesaTurkmenistán, Imperio Ruso e Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Superficie400.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
ClimaClima árido Editar o valor en Wikidata
Vista satelital da rexión

O deserto de Karakum, tamén chamado Karakum, Kara-Kum ou Gara Gum (en turcomán: Garagum; en ruso: Каракумы) está situado en Asia Central, ocupando a maior parte de Turkmenistán (un 70% da súa superficie, uns 350 000 km²).

O seu nome significa en lingua turcomá "area negra".[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista do deserto de Karakum
Dromedarios no deserto

A súa extensión é duns 284 900 km², o que fai del o décimo deserto máis grande do mundo, e o máis importante de Turkmenistán e de toda a Asia Central.

O deserto esténdese desde a meseta Ustyurt ao norte, até o río Amu Daria ao leste, os montes Kopet-Dag ao sur, e o mar de Aral e case até o mar Caspio ao oeste.

Aínda que o mar de Aral Norte está a aumentar actualmente, o mar de Aral do Sur segue diminuíndo, ampliando así o tamaño do deserto.[2]

Está formado en gran parte por grandes extensiós de arxila e dunas onduladas, e caracterízase pola formación de takyrs, que son grandes cuncas rodeadas de dunas.

En xeral o seu solo carece de vexetación, porén, as súas duras condicións climáticas permiten o crecemento de certas especies de arbustos esteparios do xénero Haloxylon, e algunhas variedades de plantas con flores desenvólvense en áreas limitadas da rexión, principalmente ao sueste.

No seu centro, preto da aldea de Darvaza, ábrese o chan do deserto formando unha depresión topográfica chamada "pozo de Darvaza",[3] "porta do Inferno" ou "cráter de Darvaza".[4] É un cráter no que xorde gas natural, que leva ardendo desde 1971, e é unha das principais atraccións turísticas do deserto, con centos de visitantes que alí chegan cada ano.[5]

A poboación no deserto é escasa, cunha media de 2,5 hab./km². As precipitacións tamén son moi escasas, oscilando entre os 70 e os 150 mm ao ano.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States of America: Reader's Digest Association, Inc. pp. 199. ISBN 0-8957-7087-3. 
  2. Aral Sea Arquivado 16-03-2009 en Wayback Machine.
  3. GCiencia, ed. (19 de novembro de 2018). "Pozo de Darvaza: a 'porta do Inferno' que leva ardendo medio século". Consultado o 13 de abril de 2020. 
  4. AFP (22 de xuño de 2014). CTV News, ed. "Turkmenistan hopes 'Door to Hell' will boost tourism" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. .
  5. Geiling, Natasha. "This Hellish Desert Pit Has Been On Fire for More Than 40 Years". Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  6. "Karakum Desert - Britannica Online Encyclopedia". www.britannica.com. Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]