Deserto de Karakum
Tipo | deserto | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Ahal, Turkmenistán (pt) e Turkmenistán | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Ustyurt (pt) , norte río Amu Daria, leste Kopet Dag (pt) , sur Mar Caspio, oeste | |||
Características | ||||
Atravesa | Turkmenistán, Imperio Ruso e Unión Soviética | |||
Superficie | 400.000 km² | |||
Medicións | ||||
Clima | Clima árido | |||
O deserto de Karakum, tamén chamado Karakum, Kara-Kum ou Gara Gum (en turcomán: Garagum; en ruso: Каракумы) está situado en Asia Central, ocupando a maior parte de Turkmenistán (un 70% da súa superficie, uns 350 000 km²).
O seu nome significa en lingua turcomá "area negra".[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa extensión é duns 284 900 km², o que fai del o décimo deserto máis grande do mundo, e o máis importante de Turkmenistán e de toda a Asia Central.
O deserto esténdese desde a meseta Ustyurt ao norte, até o río Amu Daria ao leste, os montes Kopet-Dag ao sur, e o mar de Aral e case até o mar Caspio ao oeste.
Aínda que o mar de Aral Norte está a aumentar actualmente, o mar de Aral do Sur segue diminuíndo, ampliando así o tamaño do deserto.[2]
Está formado en gran parte por grandes extensiós de arxila e dunas onduladas, e caracterízase pola formación de takyrs, que son grandes cuncas rodeadas de dunas.
En xeral o seu solo carece de vexetación, porén, as súas duras condicións climáticas permiten o crecemento de certas especies de arbustos esteparios do xénero Haloxylon, e algunhas variedades de plantas con flores desenvólvense en áreas limitadas da rexión, principalmente ao sueste.
No seu centro, preto da aldea de Darvaza, ábrese o chan do deserto formando unha depresión topográfica chamada "pozo de Darvaza",[3] "porta do Inferno" ou "cráter de Darvaza".[4] É un cráter no que xorde gas natural, que leva ardendo desde 1971, e é unha das principais atraccións turísticas do deserto, con centos de visitantes que alí chegan cada ano.[5]
A poboación no deserto é escasa, cunha media de 2,5 hab./km². As precipitacións tamén son moi escasas, oscilando entre os 70 e os 150 mm ao ano.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Unha asterácea no Karakum
-
Selo de correos de Turkmenistán, con dromedarios no deserto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States of America: Reader's Digest Association, Inc. pp. 199. ISBN 0-8957-7087-3.
- ↑ Aral Sea Arquivado 16-03-2009 en Wayback Machine.
- ↑ GCiencia, ed. (19 de novembro de 2018). "Pozo de Darvaza: a 'porta do Inferno' que leva ardendo medio século". Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ AFP (22 de xuño de 2014). CTV News, ed. "Turkmenistan hopes 'Door to Hell' will boost tourism" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020..
- ↑ Geiling, Natasha. "This Hellish Desert Pit Has Been On Fire for More Than 40 Years". Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ "Karakum Desert - Britannica Online Encyclopedia". www.britannica.com. Consultado o 13 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deserto de Karakum |