Saltar ao contido

Haloxylon ammodendron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Haloxylon ammodendron é unha planta anxiosperma da orde das cariofilales, familia das amarantáceas, que é a especie tipo do xénero Haloxylon.

Características

[editar | editar a fonte]

Alcanza un porte de entre o dun arbusto grande e dunha árbore pequena. A súa madeira é pesada e basta, e a súa codia é esponxosa e saturada de auga. As follas son tan pequenas que parece que carece delas, o que lle dá unha aparencia gris anódina. Porén, as pólas das árbores novs son verdes e flexíbeis. Produce pequenas flores amarelas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habita nos desertos áridos salobres da Asia Central, especialmente no Turkmenistán, ao leste do mar Caspio, estendéndose até o deserto de Gobi, e hai exemplares diseminados nos desertos de Irán.

A especie está catalogada como en perigo de extinción.[1]

Durante o ano 2008 a presión sobre esta especie incrementouse ao ser utilizada a súa madeira como combustíbel durante a crise de enerxía na Asia Central.[2]

  1. Huang PX. (2000). "No-irrigation vegetation and its restoration in arid area". Beijing: Science Press. 
  2. Farangis Najibullah (13 de xaneiro de 2008). "Tajikistan: Energy shortages, extreme cold create crisis situation". EurasiaNet. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Flora of China Editorial Committee (2003): Flora of China (Ulmaceae through Basellaceae). 5: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.