Saltar ao contido

Illa Rottnest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Rottnest
Imaxe
Tipoilla
monumento histórico
suburbio/localidade Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativacidade de Cockburn, Australia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°00′18″S 115°30′54″L / -32.005, 115.515
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira consen valor Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude19 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións4,5 (ancho) × 11 (lonxitude) km
Superficie19 km² Editar o valor en Wikidata

Páxina webrottnestisland.com Editar o valor en Wikidata

A illa Rottnest é unha pequena illa australiana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada a 18 km da costa do estado de Australia Occidental, ten unha superficie de 19 km².

Segundo o censo de 2016 contaba con 334 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 17,6 hab./km². Porén, durante os períodos de vacacións pode acoller até 15 000 visitantes. Por iso, a maioría dos seus habitantes traballan no sector turístico.

É famosa pola presenza dunha importante colonia de quokkas (Setonix brachyurus), pequeno mamífero marsupial oriúndo da rexión.[1]

A illa estivo habitada por aborixes australianos até hai uns 7 000 anos, cando a subida do nivel do mar separouna do resto de Australia. O 29 de decembro de 1696 desembarcou na illa o capitán neerlandés Willem de Vlamingh, que a explorou durante 6 días e lle deu o nome de 't Eylandt 't Rottenest, que literalmente significa "niño de ratas", ao confundir os quokkas con ratas xigantes. Naquel momento a illa estaba deshabitada, e a poboación aborixe carecía de botes, polo que probabelmente o territorio permanecera sen poboación durante varios miles de anos.[2]

Entre 1838 e 1931 foi utilizada como prisión para reclusos aborixes.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]
Quokka

A illa foi declarada área importante para a conservación das aves. Poden observarse numerosas especies, entre elas Ardenna pacifica, Phalacrocorax varius, Chroicocephalus novaehollandiae, Thalasseus bergii, Sternula nereis, Onychoprion anaethetus, Neophema petrophila, Egretta sacra e Cladorhynchus leucocephalus.[3]

Entre as especies nativas figuran a conífera da familia das cupresáceas Callitris preissii, o arbusto da familia das mirtáceas Melaleuca lanceolata e a árbore da familia das fabáceas Acacia rostellifera.[4]

  1. Somolinos, Daniel (1 de outubro de 2018). "Rottnest, la isla donde habita el animal más feliz del planeta". El Mundo. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  2. Appleyard, R. T. & Manford, Toby (1979): The Beginning: European Discovery and Early Settlement of Swan River. Western Australia. Perth, Western Australia: University of Western Australia Press. ISBN 0-8556-4146-0.
  3. Kilpatrick, Alan G. (2016):"Birds of Rottnest Island, WA". Emu - Austral Ornithology 32 (1): 30–31.
  4. Rottnest Island Authority. "Plants and wildflowers of Rottnest Island". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2022.