AC-15
Aparencia
AC-15 Autovía de acceso ao Porto Exterior da Coruña | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 5,1 km |
Localización | |
Inicio | AG-55 |
Fin | Porto Exterior da Coruña (Suevos) |
Circulación | |
Velocidade máxima | 100 km/h |
Concellos que atravesa
|
A AC-15 ou Autovía de Acceso ao Porto Exterior da Coruña é unha autovía urbana de titularidade estatal, construída para lle dar un acceso directo de alta capacidade á nova infraestrutura portuaria coruñesa.
Características
[editar | editar a fonte]Consta de 5,1 quilómetros de dobre carril por sentido cunha velocidade máxima de 100 km/h. Foi posta en servizo o 7 de xuño de 2016, logo dun investimento de 83,6 millóns de euros. A conexión coa AG-55 fíxose mediante viarios que evitan o paso pola peaxe de Sabón.[1]
Conexión pendente coa AC-415
[editar | editar a fonte]Após a súa posta en funcionamento, o Ministerio de Fomento comunicou que se estaba a redactar o proxecto para conectar esta vía de alta capacidade coa estrada AC-415, coa que se cruza a distinto nivel, á altura de Meicende.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Fomento pone en servicio la nueva autovía de Acceso al Puerto Exterior de A Coruña (AC-15)". www.fomento.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 2017-08-04.