Saltar ao contido

A Merca

Modelo:Xeografía políticaA Merca
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°13′23″N 7°54′19″O / 42.223055555556, -7.9052777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalA Merca Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.954 (2023) Editar o valor en Wikidata (38,31 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie51 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude482 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Merca Editar o valor en WikidataJosé Manuel Garrido Sampedro (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Merca Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32830 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32047 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX457208

A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE a súa poboación en 2018 era de 1.911 persoas (2.373 en 2003).

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total[1] 1.911 (2018)
Menores de 16 anos 122 (6,38 %)
Entre 16 e 64 anos 1.001 (52.38 %)
Maiores de 64 anos 788 (41.23 %)
Evolución da poboación da Merca   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.975 5.463 6.016 5.054 2.341 2.254 2.212 2.197 2.119 2.078 2.021 1.976 1.924 1.911 1.913 1.912 1.939
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia. Os maiores cumios son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.

Climatoloxía

[editar | editar a fonte]

O concello aséntase nunha zona de transición climática entre o oceánico mediterráneo e o oceánico continental.

Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 12 °C no sur (a media mínima dáse en xaneiro con 6,5 °C, e a máxima en xullo con 19,2 °C) e de 15 °C no norte (media mínima en xaneiro de 6,9 °C e máxima en xullo de 22,9 °C). Na zona sur hai uns 120 días de choiva ao ano, cunhas cantidades de entre 1000 e 1500 mm. No norte a contía total non excede os 1000 mm anuais.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

A rede hidrográfica organízase arredor dos ríos Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto da Manchica e únese ao Miño en Ourense. O Arnoia inicia o seu percorrido no termo da Merca e, tras cruzar o canón do Muíño dos Mouros-Salpurido con fervenzas, comeza a escavar un val a partir de Rubillós. Recibe pola dereita os arroios dos Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro; e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.

Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo a Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre os concellos da Merca e de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.[Cómpre referencia]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.

A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Bragança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións consérvase só a parte inferior.

No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido (parroquia de Zarracós) e o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.

No Entroido da Mezquita os «galos» bailan polas rúas xuntándose cos «mecos» de Froxás das Viñas. Estes últimos presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes da Merca.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Merca

Corvillón (Santa María) | Entrambosríos (Santa Mariña) | Faramontaos (San Xes) | A Manchica (Nosa Señora de Lourdes) | A Merca (Santa María) | A Mezquita (San Pedro) | Olás de Vilariño (Santa María) | Parderrubias (Santa Olaia) | Pereira de Montes (Santa María) | Proente (Santo André) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Zarracós (Santo André)

Lugares da Merca

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Merca vexa: Lugares da Merca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.