Alalá
Alalá | |
---|---|
Faustino Santalices.
| |
Orixe cultural | Galicia |
Instrumentos típicos | Voz Gaita Zanfona |
O alalá é un canto individual, pausado e de carácter melancólico, característico da tradición popular galega.
Características
[editar | editar a fonte]O alalá está composto por coplas octosilábicas dispostas en estrofas de tres ou catro versos que finalizan coa repetición cantada da sílaba "la": ailalá, ailalá. Esta pensado para o canto en solitario, se ben en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras adoitan ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia que, ao seren de ritmo libre, favorece a improvisación e a presenza de melismas.[1]
O alalá é considerado pola maioría dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica. A súa orixe non está totalmente clara, pero a teoría máis aceptada é que están relacionados co canto gregoriano. Os alalás utilizábanse para alixeirar as tarefas, para harmonizar o ritmo do traballo ou para anunciala presenza dos traballadores ambulantes, polo que están na orixe doutros xéneros como os cantos de arrieiro, cantos de oficios ou os cantos de andar o camiño. Ao igual que no caso das regueifas, chegaron a celebrarse competicións de alalás, o que dá idea da súa importancia na cultura popular.[2]
Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra", foi un gran compilador e intérprete de alalás. Tamén o zanfonista ourensán Faustino Santalices recuperou, e gravou en disco, moitos cantos que poderían terse perdido.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un paseo pola música de Galicia (Cantares)". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-07-23.
- ↑ Camafeita Longa, Olga (2010). Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Morgante. p. 31-32.
- ↑ "Milladoiro - Alalá das Mariñas (coa voz de Faustino Santalices)". Youtube. Consultado o 2021-07-23.