Saltar ao contido

Coros galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coros galegos
Aires da Terra, considerado o primeiro coro galego
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosVoz
Gaita galega
Tambor
Bombo

Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.

A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao longo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e, en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.

Malia o seu repertorio ser de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida do desenvolvemento económico.

A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Aínda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.

Cronoloxía dos coros galegos

[editar | editar a fonte]
Perfecto Feijoo en 1919, vestido como se fose un cego ambulante de finais do XIX

1875

1879

1880

1882

1883

1900

1914

  • Fundación en Ferrol do Real Coro Toxos e Froles, que parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego, Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.

1915

1916

  • O 28 de decembro fórmase na Coruña o coro Cántigas da Terra. O 25 de setembro de 1922 o grupo, inicialmente formado exclusivamente por homes, actuou na praza de touros de Corcubión e incluíu seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña, que cantaron no Coro xunto con vinte e tres homes.
  • Foliadas e Cantigas, en Pontevedra.
  • Agarimos da terra, de Mondariz.

1917

1918

1921

1923

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Diccionario de la música española e iberoamericana, Tomo IV, p.26 (Entrada Coros, de Ferrer, Nagore)
  2. Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]