Saltar ao contido

Allvar Gullstrand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAllvar Gullstrand

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1862 Editar o valor en Wikidata
Landskrona () Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Estocolmo () Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Norte de Estocolmo, Kvarter 15E, gravnummer 32 (1931–) 59°21′22″N 18°01′27″L / 59.3562, 18.0242 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOftalmoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoftalmólogo, médico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsEdvin Gullstrand Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гульстранд Альвар)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Gullstrand-8 Find a Grave: 8889 Editar o valor en Wikidata

Allvar Gullstrand, nado en Landskrona o 5 de xuño de 1862 e finado en Estocolmo o 28 de xullo de 1930, foi un oftalmólogo sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos en Landskrona para logo inscribirse na facultade de medicina da Universidade de Uppsala e graduarse na Universidade de Estocolmo en 1888. En 1891, obtivo o nomeamento como profesor docente na área de Oftalmoloxía no Instituto Karolinska, en 1894 a xefatura de Oftalmoloxía na Universidade de Uppsala. Abandonou a cirurxía oftalmolóxica en 1914, para dedicarse á investigación sobre instrumentos ópticos como Profesor de Fisioloxía Óptica na mesma universidade.

Gullstrand contribuíu cumpridamente á oftalmoloxía clínica e á cirurxía oftalmolóxica mediante as súas teorías e investigacións: Deseñou a lámpada de hendidura e o oftalmoscopio libre de reflexo, desenvolveu técnicas cirúrxicas para o tratamento do simbléfaron e unhas lentes correctoras para empregar despois das intervencións de cataratas e redefiniu a teoría da acomodación.

Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1911 polas súas investigacións matemáticas sobre a refracción da luz a través do medio transparente do ollo vivo. Gullstrand foi o único individuo que rexeitou e aceptou un premio Nobel o mesmo ano. Ademais de ser un oftalmólogo clínico, tamén foi un brillante investigador.