Saltar ao contido

Análise de urina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Glóbulos brancos dunha mostra de ouriños vistos ó microscopio.

Un exame xeral dos ouriños, tamén chamado análise de urina, consiste nunha serie de exames efectuados sobre os ouriños, constituíndo un dos métodos máis comúns de diagnóstico médico.[1][2] Un exame completo consta de varias determinacións: un exame macroscópico, un exame físico-químico, un exame microscópico e, se fose preciso, un urocultivo.[3] A análise física-químico pódese efectuar mediante tiras reactivas cuxos resultados se len de acordo ós cambios de cor.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Xa na antigüidade era común o diagnóstico de doenzas con base na observación dos ouriños. O método, denominado uroscopia, baseado na observación das propiedades organolépticas dos ouriños foi descrito por Galeno e a súa aplicación tivo lugar por moitos séculos no contexto da teoría do catro humores apoiada por Hipócrates.

Aínda que a tecnoloxía de análise química cualitativa e cuantitativa permitiu dende finais do século XIX a superación do método uroscópico, as propiedades organolépticas, tipicamente cheiro e cor, permiten aínda un diagnóstico inmediato de numerosas enfermidades.

Os ouriños son de cor amarela clara e en función da súa concentración pode adoptar unha coloración amarela clara, se está diluída, e amarela escura, se está concentrada; porén, pode ter unha aparencia turbia se nela existen células ou cristais. Se o paciente está a tomar certos medicamentos, os ouriños poderían ser tinguidos por eles.[4]

Cor dos ouriños e o seu posible significado[5]
Cor Mostra Causas patolóxicas Causas non patolóxicas
Amarelo intenso Ouriños máis concentrados, existe bilirrubina directa ou urobilina. Uso de tetraciclinas, fenacetina ou nitrofurantoína. Consumo de cenorias.
Avermellado Hematuria, hemoglobinuria, mioglobinuria, porfirinas (porfirias) ou síndrome carcinoide. Uso de fármacos ou colorantes como rifampicina, antipirina, anilinas, fenolftaleína ou vermello Congo. Consumo de remolacha.
Laranxa Pigmentos biliares, bilirrubina, pirimidina. Fenotiazinas, algúns antimicrobianos urinarios, uso de complexo B.
Marrón Metahemoglobinemia, hematina ácida, mioglobina, pigmentos biliares. Nitrofurantoína, levodopa, sulfamidas.
Pardo ou negro Melanina, alcaptonuria (acedo homogentísico), hematuria, intoxicación por ácido fénico e os seus derivados, febre hemoglobinúrica do paludismo. Levodopa, complexos de ferro, fenoles.
Azul verdoso Intoxicación por fenol, infección por especies de Pseudomonas, trastornos de absorción de triptofano (usualmente congénitos), metahemoglobinuria, biliverdina. Algunhas vitaminas, nitrofuranos, azul de metileno.
Branco-leitoso Quiluria, piuria intensa, hiperoxaluria.
Incolora ou transparente Poliuria ou diuréticos. Consumo elevado de auga pura.
Turbia Piuria, fosfaturias, fecaluria.
  1. Simerville JA, Maxted WC, Pahira JJ (2005). "Urinalysis: a comprehensive review". American family physician (6 ed.) 71: 1153–62. PMID 15791892. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2005. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  2. Harper, Douglas. Online Etymology Dictionary, ed. "Urinalysis". Consultado o 26 de setembro de 2011. 
  3. "Reference Ranges and What They Mean". Lab Tests Online (USA). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  4. Alfonso Balcells Gorina. "Capítulo 1: Análisis de orina". La clínica y el laboratorio. Elsevier/Masson. ISBN 978-84-458-1612-7. OCLC 503249685. 
  5. Color anormal de la orina en Medline Plus, consultado o 17 de maio de 2012