Saltar ao contido

Andrés Picallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Picallo
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor en Wikidata
Sillobre, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 2022 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Sillobre, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro, director teatral, dramaturgo Editar o valor en Wikidata

Andrés Picallo Maceiras[1], nado en Sillobre (Fene), en 1931 e falecido na mesma vila en agosto de 2022, foi un obreiro, promotor cultural, dramaturgo e director teatral amador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesionalmente traballou como axudante nunha botica[2] e posteriormente nos estaleiros de Astano[3]. Empezou a facer teatro nos estaleiros, primeiro da man de Andrés Bellón e logo con Francisco Martínez[2]. Como promotor cultural fundou en 1970 o grupo de teatro[4] amador da sociedade cultural, recreativa e deportiva Agarimo, na súa vila natal, que se fundara só uns meses antes[5] que dirixiu moitos anos e onde tamén participou como actor e, especialmente, como dramaturgo. Formou parte do Real Coro Toxos e Froles, de Ferrol, e organizara, a canda Xosé María Pérez Parallé[2], a celebración do primeiro día das Letras en Fene, en 1963 (no Círculo Mercantil de Fene).

A súa obra consiste fundamentalmente en obras representadas polo grupo Agarimo[1] e permanece inédita.

  • A impostora (2010)[6]
  • Dous ligues para unha noite[7]
  • Alma en pena (2014) [8]
  • Vaia panda de ladróns (2015)[9]
  • Aquí mando eu (2020)[10]