Saltar ao contido

Arena Națională

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arena Națională
Datos
Coordenadas44°26′14″N 26°09′09″L / 44.4372, 26.1525
LocalizaciónBucarest, Romanía
Construción
Inauguración6 de setembro de 2011
ArquitectoMax Bögl e Astaldi
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 68
Capacidade55.600 espectadores
PropietarioMunicipalidade de Bucarest
LocalíaSelección de Romanía
Steaua de Bucarest (2011 - ? )
Webhttps://arena-nationala.ro/
Eventos
Final da UEFA Europa League 2011-12
editar datos en Wikidata ]

O Arena Națională é un estadio de fútbol da cidade de Bucarest, en Romanía, construído entre 2008 e 2011, que foi inaugurado o 6 de setembro de 2011, cunha capacidade para acoller a 55.600 seareiros sentados nas bancadas.

Este recinto ven a substituír o anticuado Stadionul Lia Manoliu (derrubado en 2007) como estadio nacional, no cal disputará tódolos seus encontros como local a Selección de fútbol de Romanía dende 2011 en diante. Igualmente será o recinto no que se celebrarán cada ano as finais da Copa de Romanía e da Supercopa de Romanía. Este foi o estadio escollido pola UEFA para que o 9 de maio de 2012 se levase a cabo nel a final da UEFA Europa League 2011-12, na que o Atlético de Madrid bateu ó Athletic Club.

Dous clubs teñen xogado como locais neste estadio dende a súa inauguración. Un deles é o Steaua de Bucarest, que disputa os seus encontros de liga e de competicións europeas. O outro é o FC Oțelul Galați, que xogou alí os seus 3 encontros da Liga de Campións da UEFA 2011-12 como local.

O Arena Națională é 1 dos 8 estadios que constitúen a candidatura de Romanía e Bulgaria para acoller a organización da Eurocopa do ano 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]