Arquidiocese católica latina de Lviv
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.864.000 (2019) (86,24 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua ucraína | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | Roman Catholic Diocese of Satu Mare (en) , Suroeste Roman Catholic Diocese of Lutsk (en) , Nordés Diocese de Kamyanets-Podilskyi (pt) , leste Roman Catholic Diocese of Chișinău (en) , sueste Roman Catholic Diocese of Zamość-Lubaczów (en) , noroeste Roman Catholic Diocese of Mukacheve (en) , Suroeste Arquidiocese católica latina de Przemyśl, oeste Roman Catholic Diocese of Iași (en) , sueste | ||||
Creación | 1361 (Gregoriano) | ||||
Catedral | Latin Cathedral (en) | ||||
Sitio web | rkc.lviv.ua | ||||
A arquidiocese de Lviv dos latinos (en latín Archidioecesis Leopolitana Latinorum) é unha sé metropolitana católica latina. En 2004 tiña 154.000 bautizados dun total de 5 000 000 habitantes. O seu arcebispo, dende 2008, é Mieczysław Mokrzycki.
Historia
[editar | editar a fonte]Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- 1361 - Erixida a Diocese de Halych/Halicz (Haliciensis), con sé en Halych.[1][2]
- 1375 - Elevada a Arquidiocese Metropolitana de Halych/Halicz (Haliciensis)
- 1414 - Sé transferida, Arquidiocese Metropolitana de Lviv (Leopolitanus Latinorum)
A metrópole de Halych
[editar | editar a fonte]Non antes do 1361 fora erixida a diocese de Halych ou Halicz. O 8 de abril de 1363 o papa Urbano V escribiu ao bispo de Gniezno para insistirlle en que o rei Casimiro III de Polonia debería construír unha catedral na cidade de Lviv, que tiña sido tomada recentemente ao Imperio Ruso, cuxa Igrexa estaba en cisma.
Porén, cartas de Gregorio XI con data do 13 de febreiro de 1375 mencionan aínda á arquidiocese metropolitana de Halich, que tiña como sufragáneas ás dioceses de Przemyśl, Włodzimierz, Chełm, Kamyanets, Lviv e Kíiv, e que xunto a elas constituía a metrópole de Halych.
Traslado da sé a Lviv
[editar | editar a fonte]Non foi até o 28 de agosto de 1412 (outras fontes dan decembro de 1414), coa bula «In eminenti specula» do antipapa Xoán XXIII, que a sé arquiepiscopal de Halyč foi trasladada a Lviv, unindo as dúas dioceses baixo o nome da segunda.[3]
Século XX
[editar | editar a fonte]O 28 de outubro de 1925, coa bula «Vixdum Poloniae unitas» do papa Pío XI foron reorganizadas as circunscricións eclesiásticas polacas de rito latino, e a arquidiocese de Lviv pasa a ter como sufragáneas as dioceses de Przemyśl e de Lutsk.
O 5 de xuño de 1930 a arquidiocese cedeu o territorio da Bucovina romanesa á diocese de Iaşi, e en 1991 cedeu novamente territorio para a erección da diocese de Zamość-Lubaczów
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Bispos de Halych
[editar | editar a fonte]- Krystyn z Ostrowa (1367 - 1371, finado)
Arcebispos de Halych
[editar | editar a fonte]- Maciej z Egeru (xaneiro de 1376 - 1380, finado)
- Bernard, O.F.M. (1385 - 1391, finado)
- Beato Jakub Strzemię (1391 - 1409, finado)
- Mikołaj Trąba (18 de xuño de 1410 - 30 de abril de 1412, nomeado arcebispo de Gniezno)
- Johann Rzeszowski (26 de agosto de 1412 - 1414)
Arcebispos de Lviv
[editar | editar a fonte]- Johann Rzeszowski (1414 - 12 de agosto de 1436, finado)
- Jan Odrowąż (25 de febreiro de 1437 - setembro de 1450, finado)
- Grzegorz z Sanoka (17 de marzo de 1451 - 29 de xaneiro de 1477, finado)
- Jan Długosz ( 1480 - 19 de maio de 1480, finado)
- Jan Strzelecki (9 de maio de 1481 - 26 de agosto de 1488, finado)
- Andrzej Boryszewski (23 de maio de 1488 - 18 de decembro de 1503, nomeado arcebispo de Gniezno)
- Bernard Wilczek (28 de abril de 1505 - 1540, finado)
- Piotr Starzechowski (31 de maio de 1540 - 1 de abril de 1554, finado)
- Feliks Ligęza (7 de maio de 1555 - 26 de xaneiro de 1560, finado)
- Paweł Tarło (15 de xaneiro de 1561 - 21 de maio de 1565, finado)
- Stanisław Słomowski (7 de setembro de 1565 - 22 de setembro de 1575, finado)
- Jan Sienieński (10 de decembro de 1576 - 1582, finado)
- Jan Dymitr Solikowski ( 1583 - 27 de xuño de 1603, finado)
- Jan Zamoyski (4 de febreiro de 1604 - 30 de marzo de 1614, finado)
- Jan Andrzej Próchnicki (24 de novembro de 1614 - 13 de maio de 1633, finado)
- Stanisław Grochowski (19 de decembro de 1633 - 1 de marzo de 1645, finado)
- Mikołaj Krosnowski (12 de xuño de 1645 - 26 de setembro de 1653, finado)
- Jan Tarnowski (6 de xullo de 1654 - 24 de agosto de 1669, finado)
- Wojciech Jan Koryciński (30 de xuño de 1670 - 27 de xaneiro de 1677, finado)
- Konstanty Samuel Lipski (17 de marzo de 1681 - 19 de maio de 1698, finado)
- Konstantyn Józef Zieliński (30 de marzo de 1700 - 17 de febreiro de 1709, finado)
- Mikołaj Popławski (21 de xullo de 1710 - 7 de setembro de 1711, finado)
- Jan Skarbek (30 de xaneiro de 1713 - 2 de decembro de 1733, finado)
- Mikołaj Gerard Wyżycki (6 de maio de 1737 - 7 de abril de 1757, finado)
- Władysław Aleksander Łubieński (13 de marzo de 1758 - 9 de abril de 1759, nomeado arcebispo de Gniezno)
- Wacław Hieronim Sierakowski (21 de xullo de 1760 - 25 de outubro de 1780, finado)
- Ferdynand Onufry Kicki (25 de outubro de 1780 - 1 de febreiro de 1797, finado)
- Kajetan Ignacy Kicki (18 de decembro de 1797 - 15 de xaneiro de 1812, finado)
- Andrzej Alojzy Ankwicz (15 de marzo de 1815 - 30 de setembro de 1833, nomeado arcebispo de Praga)
- Franz Xavier Luschin (23 de xuño de 1834 - 6 de abril de 1835, nomeado arcebispo de Gorizia e Gradisca)
- Franciszek de Paula Pišték (1 de febreiro de 1836 - 1 de febreiro de 1846, finado)
- Wacław Wilhelm Wacławiczek (17 de decembro de 1847 - 20 de maio de 1848, renuncia)
- Łukasz Baraniecki (28 de setembro de 1849 - 30 de xuño de 1858, finado)
- Franciszek Ksawery Wierzchlejski (23 de marzo de 1860 - 17 de abril de 1884, finado)
- Seweryn Tytus Morawski-Dabrowa (27 de marzo de 1885 - 2 de maio de 1900, finado)
- San Józef Bilczewski (17 de decembro de 1900 - 20 de marzo de 1923, finado)
- Bolesław Twardowski (3 de agosto de 1923 - 22 de novembro de 1944, finado)
- Eugeniusz Baziak (22 de novembro de 1944 - 15 de xuño de 1962, finado)
- Marian Jaworski (16 de xaneiro de 1991 - 21 de outubro de 2008, retirado)
- Mieczysław Mokrzycki (21 de outubro de 2008 - actualidade)
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Catholic Encyclopedia (ed.). "Lemberg - Latin archbishopric" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014.
- ↑ Charles George Herbermann, Edward Aloysius Pace (1950). Appleton, ed. The Catholic Encyclopedia: Laprade-Mass IX. p. 145.
- ↑ Pódese atopar dita bula na seguinte obra: Bullarum diplomatum et privilegiorum sanctorum Romanorum pontificum Taurinensis editio (en latín) IV. 1859. pp. 658–660. Libro dixitalizado
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en ucraíno) (en polaco)