Saltar ao contido

Arroz fritido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arroz fritido

Arroz fritido Solaria Kuta
Orixe China
Xapón
Ingredientes
Vexetal Arroz
Aceite de cociña
Arroz fritido con diferentes ingredientes.
Prato con arroz fritido na cociña xaponesa (ファイルの概要).

O arroz fritido (en chinés simplificado: 炒飯 ; en chinés tradicional: 炒饭 ; en pinyin: chǎofàn ) é un prato moi popular da cociña chinesa. Orixinario dun prato caseiro procedente do Xapón, suponse que procede do ano 4000 a. C., elaborado a partir dunha receita que incluía o arroz como ingrediente principal. Nos banquetes chineses sérvese coma o penúltimo prato.

Adóitase coñecer tamén co nome de "arroz fritido tres delicias", especialmente nos restaurantes chineses de Galicia, e nos preparados conxelados do prato.

Características

[editar | editar a fonte]

Existen ducias de variedades de arroz fritido, cada un coa súa propia listaxe específica de ingredientes. En Asia as variedades máis famosas inclúen o yangchow e arroz fritido de Fukien.

Nos restaurantes do oeste da China, que fornecían a clientela estranxeira, foron inventando as súas propias variedades de arroz fritido, incluíndo o arroz fritido con ovo, o arroz fritido (picante) de Singapur (que curiosamente non está realmente dispoñíbel en Singapur) e o “arroz fritido especial” que se atopa en todas partes.

Ingredientes

[editar | editar a fonte]

Os ingredientes empregados na elaboración do arroz fritido varían enormemente. Adoitan incluír ingredientes tales como cenoiras, xermolos de soia, apio, ervellas, e outros ingredientes cárnicos como polo, porco, gambas, spam ou tofu. A miúdo inclúense cebolas e allo ben picados, este engadido dá complexidade e textura.

Preparación e adubo

[editar | editar a fonte]

Adóitase cociñar nun wok e inclúe aceite vexetal ou graxa animal para evitar que se apegañe, así como proporcionar sabor. Os cachiños de ovo engádense para dar cor en moitos pratos. A pementa ou os mollos picantes que proporcionan un lixeiro toque picante a este prato, ás veces se ofrecen nun prato pequeno separado do arroz. Moitos cociñeiros aduban o arroz fritido con pementa negra. O mollo de soia dá ao arroz fritido a súa cor morena e o sabor salgado.

Presentación

[editar | editar a fonte]

O arroz fritido sérvese coma compañamento a outro prato ou, alternativamente se pode considerar un prato en si mesmo.

É moi popular adobiarlo con chalotas fritidas, algunhas poliñas de pirixel, cenoiras relada con formas intricadas ou algún pemento en rebandas por riba do arroz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]