Bobotov Kuk
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O Bobotov Kuk é un monte de Montenegro, no macizo de Durmitor, parte dos Alpes Dináricos, que atinxe unha altura de 2522 m de altitude, e que durante moito tempo foi dado como o pico máis alto do país.
Recentes medicións, porén, mostran que os montes máis elevados de Montenegro érguense no sur do país, no macizo de Prokletije, na fronteira con Albania, como son o Maja Kolec, de 2534 m e o Maja Rosit, de 2528 m, que superan, aínda que sexa con pouca diferenza, a cima do Bobotov Kuk.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |