CCRD Perlío
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
CCRD Perlío | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 18 de agosto de 1959 |
Sede | Perlío |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.circuloperlio.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (CCRD Perlío) é unha asociación que ten como obxectivo promocionar actividades recreativas, culturais de deportivas entre a veciñanza da parroquia de Perlío (Fene). Ademais promove o estreitamento de lazos, de amizade e unificación, á creación de hábitos saudables entre a comunidade mediante a organización das súas actividades deportivas.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creada o 18 de agosto de 1959. Na primeira xunta xestora estiveron Antonio Rivera Seco e Juan A. Lamas Rivera. En 1961 Francisco Domínguez Rivera foi elixido primeiro secretario da asociación[1].
Actividades
[editar | editar a fonte]Entre as actividades organizadas estaban o baile de reis, os bailes de entroidos, o baile das raíñas do Círculo, o baile das flores, o baile de outono, o baile aniversario e o baile de fin de ano, sempre acompañados por boas orquestras. Tamén se fixo homenaxe á Cultura Galega, coa Mostra da Cultura Galega nos primeiros anos e posteriormente coa semana das Letras Galegas con exposicións, conferencias, música, danza galega e teatro. Realizáronse actividades para a infancia, con semanas infantís.
Nos últimos anos[cando?] leváronse a cabo degustacións nas festas gastronómicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia del C.C.R.D. Perlío – Año 1961". CCRD Perlío. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2023. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.