Chiquinha Gonzaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Francisca Edwiges Neves Gonzaga 17 de outubro de 1847 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 28 de febreiro de 1935 (87 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
Outros nomes | Chiquinha Gonzaga |
País de nacionalidade | Brasil |
Grupo étnico | Pardo brasileiro |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | compositora , pianista , directora de orquestra , activista |
Xénero artístico | Choro (música) e marchinha de carnaval |
Lingua | Lingua portuguesa |
Instrumento | Piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Francisca Edwiges Neves Gonzaga, máis coñecida como Chiquinha Gonzaga, nada o 17 de outubro de 1847 en Río de Xaneiro (Brasil) e finada na mesma cidade o 28 de febreiro de 1935, foi unha compositora, pianista, así como a primeira directora de orquestra brasileira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chiquinha Gonzaga naceu o 17 de outubro de 1847 na cidade de Río de Xaneiro, daquela capital do Imperio do Brasil, filla de José Basileu Neves Gonzaga, un militar procedente dunha familia ilustre no Imperio, e a súa liberta Rosa, que era filla de escrava.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa vida Chiquinha Gonzaga compuxo en numerosos xéneros musicais, moitos deles creados a finais do século XIX na súa cidade natal. Entre os xéneros que cultivou poden citarse o batuque, o choro, a samba, o maxixe ou tango brasileiro, así como numerosos valses e polcas, e cinco marchas de carnaval.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografia" (en portugués). Acervo Digital Chiquinha Gonzaga. Consultado o 15 de setembro de 2024.
- ↑ Justino, Giselle (2023). "Amúsica sacra de Chiquinha Gonzaga". Comparative Cultural Studies - European and Latin American Perspectives (en portugués). ISSN 2531-9884.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chiquinha Gonzaga |