Saltar ao contido

Christian Otto Mohr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristian Otto Mohr

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Wesselburen (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1918 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaJohannisfriedhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Hanover (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseMoritz Rühlmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEngineer's degree (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro civil, profesor universitario, enxeñeiro, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estugarda (pt) Traducir
Universidade Técnica de Dresden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMoritz Rühlmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAugust Föppl (pt) Traducir e Carl von Bach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosErnst Mohr Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 201486884 Editar o valor en Wikidata
Christian Otto Mohr.

Christian Otto Mohr, nado en Wesselburen o 8 de outubro de 1835 e finado en Dresde o 2 de outubro de 1918, foi un enxeñeiro civil alemán, un dos máis celebrados do século XIX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mohr pertenceu a unha familia terratenente de Wesselburen na rexión de Holstein e estudou na Escola Politécnica de Hannover. A comezos de 1855, durante os primeiros anos da súa vida laboral estivo traballando no deseño de vías de ferrocarril para as vías dos estados de Hannover e Oldenburg na actual Baixa Saxonia, deseñando algunhas pontes famosas e creando algún dos primeiros armados de aceiro.

Aínda nos seus primeiros anos construíndo vías de tren, Mohr sentíase moi interesado polas teorías de mecánica e a resistencia de materiais e no 1867, fíxose mestre de mecánica no Politécnico de Stuttgart e no 1873 no Politécnico de Dresde. Mohr tiña un estilo directo e sinxelo que era moi popular entre os seus estudantes. Retirouse en 1900.

Logros científicos

[editar | editar a fonte]

En 1874, formalizou, a até entón só intuitiva, idea dunha estrutura estaticamente indeterminada (hiperestática).

Mohr foi un entusiasta das ferramentas gráficas e desenvolveu un método para representar de xeito visual as tensións en tres dimensións, previamente proposto por Carl Culmann. En 1882 desenvolveu o método gráfico en dúas dimensións para a análise do tensor de tensións, coñecido coma círculo de Mohr e o usou para propor a nova teoría de resistencia de materiais, baseada no esforzo cortante. Tamén desenvolveu o diagrama Williot-Mohr para o desprazamento de armaduras e a teoría de Maxwell-Mohr para a análise de estruturas estaticamente indeterminadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]