Saltar ao contido

Coltan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coltán.

O coltan[1][2] é unha mestura de dous minerais: columbita e tantalita. Da columbita extráese o niobio e da tantalita, o tántalo. Este último é un metal de alta resistencia térmica, electro-magnética e corrosiva e por tales capacidades o seu uso está moi difundido na composición de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, ordenadores, GPS, consolas, MP3, MP4, reprodutores de DVD, satélites... O niobio é semellante ao tántalo, alén do potencial como hipercondutor. Ambos os metais foron e continúan sendo fundamentais para o avance tecnolóxico da comunicación portátil.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

As maiores reservas de tantalita (na forma coltan, ou sexa, xunto coa columbita) están na República do Congo, onde se desenvolve unha guerra civil hai anos en torno da posesión das minas, entre outras complicacións étnicas, territoriais e políticas. A ONU presenta estimativas desconcertantes como a que xa morreron máis de 4 millóns de persoas na disputa polo tamén chamado "ouro azul", alén da impresionante facturación de máis de 250 millóns de dólares estadounidenses que obtivo o Exército de Ruanda do comercio do ansiado mineral.

A minaría de columbita-tantalita provoca grandes impactos no medio ambiente tropical do Congo, especialmente se non se toman as debidas medidas de mitigación ambiental (feito obvio no medio dunha rexión en guerra), a pesar de se encontraren as minas próximas ou dentro de parques nacionais. A obtención deses materias para elaborar compoñentes electrónicos é complexa e cara. Ambos os metais son extremadamente caros e raros na natureza.

Países produtores

[editar | editar a fonte]

O principal produtor de coltan é a República Democrática do Congo con cerca do 80% das reservas mundiais estimadas, aínda que existen reservas probadas ou en explotación no Brasil co 5% das reservas, Tailandia tamén cun 5% e Australia con outro 5%. No Brasil, as maiores reservas de tantalita encóntranse nos estados de Roraima (sobre todo no sur do estado) e no Amapá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]