Concello de Filipstad
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland | ||||
Capital | Filipstad (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.856 (2024) (5,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.711,7 km² | ||||
Altitude | 284 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Filipstad Municipality, Sweden (en) | Per Gruvberger (en) (2003–2020) Åsa Hååkman Felth (en) (2020–2022) Christer Olsson (en) (2023–) | ||||
Sitio web | filipstad.se | ||||
Filipstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é Filipstad. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 10 372 habitantes.[2]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Brattfors, Färnebo, Gåsborn, Kroppa, Nordmark e Rämmen. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Filipstad que en 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun).
Na zona houbo entre o 22 de febreiro de 1946 e o 31 de decembro de 1966 a localidade municipal de Lesjöfors.
O köping de Storfors fundouse en 1950 tras separarse do concello rural de Kroppa.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Värmlandsberg (a partir dos catro municipios de Brattfors, Gåsborn, Färnebo e Nordmark) mentres que o concello rural de Kroppa, o de Rämmen e a cidade de Filipstad permaneceron sen cambios.
O concello de Filipstad fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Filipstad e dos concellos rurais de Värmlandsberg, Kroppa e Rämmen.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Kristinehamn e dende entón pertence ao de Värmland.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Os arredores da capital floreceron grazas á mineiría, sobre todo de ferro. As actividades mineiras na zona remóntanse ao século XIV e a área poboouse debido a elas.[5]
A cidade de Filipstad foi fundada polo rei Carlos IX o día 6 de abril de 1611, bautizándoa así polo seu fillo Carlos Filipe (Filipstad significa "cidade de Filipe"). Filipstad é a segunda cidade máis antiga do condado de Värmland[5] por detrás de Karlstad, fundada polo mesmo rei poucos anos antes, en 1584.[6]
Filipstad perdeu os seu privilexios de cidade durante case 150 anos tras un gran incendio en maio de 1694.[5]
Durante o século XVIII a actividade mineira aumentou cando se dispuxo de tecnoloxía de voadura eficiente, e a enerxía hidráulica logró o seu avance grazas aos inventos de Christopher Polhem.[5]
No século XIX comezou unha animada actividade de construción e a cidade medrou a un ritmo rápido, tamén coa axuda de mellores comunicacións coa canle Filipstads bergslags e coa chegada do ferrocarril.[5] Entre 1810 e 1861 a súa poboación pasou de 560 a 1 798 habitantes.[5]
Demografía
[editar | editar a fonte]Divisións
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2016 para informes de poboación o concello estaba dividido nunha única parroquia, a parroquia de Filipstad. Dende ese ano o municipio divídese nos seguintes distritos:[7]
- Brattfors
- Filipstad
- Gåsborn
- Kroppa
- Nordmark
- Rämmen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-19.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Kristinehamns tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Filipstads historia". www.filipstad.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Carlquist, Gunnar, red (1933). Svensk uppslagsbok. Bd 15. Malmö: Svensk Uppslagsbok AB. p. 24
- ↑ "SFS 2015:493" (PDF). Consultado o 29 de decembro de 2022.