Constanza
Große Kreisstadt Konstanz (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg | ||||
Distrito rural | Konstanz (pt) | ||||
Vereinbarte Verwaltungsgemeinschaft | Konstanz VVG (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 85.770 (2023) (1.585,1 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 54,11 km² | ||||
Bañado por | Lago Constanza e Río Rin | ||||
Altitude | 402 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ulrich Burchardt (pt) (2012–) | ||||
Órgano lexislativo | city council of Constance (en) , | ||||
Membro de | International Lake Constance conference (en) Alcaldes pola Paz (1986–) Aliança Climática (pt) (2000–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 78462–78467 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 7533 e 7531 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 083355004043 | ||||
Número de municipio alemán | 08335043 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | konstanz.de |
Constanza[1] (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.
Localización
[editar | editar a fonte]Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.
Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]Constanza está dividida en quince distritos:
|
|
|
Historia
[editar | editar a fonte]De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
Economía
[editar | editar a fonte]O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.
Transporte
[editar | editar a fonte]Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara ao oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara ao sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zürich, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.
Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Por exemplo en Martínez Pereiro, Xosé Luís (1999). Laiovento, ed. As irmás bastardas da ciencia. Antoloxía de sedes clandestinas. Santiago de Compostela. pp. 144, 148.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constanza |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web Oficial Arquivado 07 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en alemán)
- Konstanz: Historia e imaxes (en alemán)
- Universidade de Constanza (en inglés)
- Universidade de Ciencias Aplicadas (en inglés)
- Fotografías de Constanza (en inglés)
- Páxina de fotografías de Constanza
- Fotos do Entroido de Constanza Arquivado 20 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
- Comunidade de Internet de Constanza
- O Suedkurier, xornal de Constanza