Saltar ao contido

Tubinga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTubinga
Tübingen (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°31′12″N 9°03′20″L / 48.52, 9.0556
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Tubinga - Regierungsbezirk Tübingen
Distrito ruralDistrito de Tubinga Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación93.615 (2023) Editar o valor en Wikidata (865,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie108,12 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Neckar Editar o valor en Wikidata
Altitude338 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1078 (<1078) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBoris Palmer (2007–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal72070, 72072, 72074 e 72076 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico07071 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña084160041041 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán08416041 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Monthey (pt) Traducir (1959–)
Aix-en-Provence (1960–)
Kingersheim (1963–)
Ann Arbor (1965–)
Durham (1969–)
Aigle (pt) Traducir (1973–)
Kilchberg (pt) Traducir (1981–)
Perugia (1984–)
Petrozavodsk (pt) Traducir (1989–)
Villa El Salvador (pt) Traducir (2006–)
Moshi (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webtuebingen.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: tuebingen.de BNE: XX461492 Editar o valor en Wikidata

Tubinga[1] (en alemán: Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40 km ao sur de Stuttgart, no Estado alemá de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña. Ademais, nunha clasificación realizada en 1995 pola revista Focus, Tubinga situouse como a cidade alemá con mellor calidade de vida.

Economía

[editar | editar a fonte]

Tubinga, do mesmo xeito que o resto da rexión, goza dos beneficios da alta industrialización do estado e en especial da súa capital Stuttgart. Este sector de Alemaña conta cunha das economías máis vigorosas da Unión Europea (UE).

Tubinga a beiras do Neckar
Tubinga

Tubinga data de entre os séculos VI e VII, cando a rexión estaba poboada polos Alamáns. Hai indicios incluso de que a batalla de Solicinium foi en Spitzberg, unha montaña de Tubinga, arredor do 367 a.C., aínda que non hai probas. A cidade aparece en rexistros oficiais por primeira vez en 1191, e do castelo hai rexistros de 1078. O nome rematado no sufixo -ingen (Tubinga en alemán é Tübingen) é un indicador de que orixinariamente foi ocupada por tribos Alemás. En 1342 foi mercada polo conde Ulrich III e incorporada ao Condado de Württemberg.

Aínda que é moi difícil notar este tipo de cousas hoxe en día, recentemente nos anos 1950 a cidade estaba totalmente dividida socioeconómicamente, cos granxeiros e comerciantes máis pobres vivinto ao longo Stadtgraben (canle da cidade) e estudantes e académicos vivindo ao redor da Alte Aula e a Burse, os antigos edificios universitarios. Alí, colgados na Cottahaus hai un sinal que advirte da estancia de Goethe dunhas poucas semanas para visitar o seu editor. A tendencia alemá de memorizar cada pequena mostra de presenza de xente histórica (comparábel ao de "Washington durmiu aquí" nos Estados Unidos) é parodiada na porta do edificio do lado. Esta sinxela edificación dispón dun cartel coas verbas "Hier kotzte Goethe" (lit.:"Goethe vomitou aquí").

Na segunda metade do século XX a area administrativa de Tubinga se estendeu máis aló do que hoxe é chamado "cidade central" para incluír varias pequenas vilas periféricas. A máis notábel é Bebenhausen, unha vila agrupada ao redor dun castelo e a Abadía Cisterciense de Bebenhausen, aproximadamente a 3 quilómetros ao norte de Tubinga.

A prestixiosa Universidade de Tubinga, onde estudou Johannes Kepler, foi fundada en 1477. Tralo final da segunda guerra mundial parte do exército de ocupación francés estivo acantonado na cidade até 1990.

Tralo final da segunda guerra mundial parte do exército de ocupación francés estivo acantonado na cidade até 1990.

  1. Por exemplo en Rivas, Manuel (2006). Os libros arden mal. Vigo: Xerais. p. 548. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]