Demetrio I Cantacuzeno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1343 (Gregoriano) |
Morte | 1383 (Gregoriano) (39/40 anos) |
Déspota de Morea | |
1383 – 1383 ← Mateo Cantacuzeno – Teodoro I Paleólogo → | |
Familia | |
Familia | Família Cantacuzeno (pt) |
Fillos | Tomás Cantacuzeno, Jorge Paleólogo Cantacuzeno, Andrônico Paleólogo Cantacuzeno, Helena Cantacuzena, emperatriz de Trebisonda |
Pais | Mateo Cantacuzeno e Irene Paleóloga |
Irmáns | Helena Asanina Cantacuzena João Cantacuzeno Теодора Кантакузина Мария Кантакузина |
Demetrio I Cantacuzeno (en grego Δημήτριος Καντακουζηνός Demetrios Cantacuzenós) foi déspota da Morea en 1383 e neto do emperador Xoán VI Cantacuzeno (r. 1347–1354).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Demetrio era fillo de Mateu Cantacuzeno, o gobernador de Morea, e Irene Paleoloxina. A Demetrio foille dado do título de sebastocrátor polo emperador Xoán V Paleólogo en decembro de 1357 e foi para o Peloponeso con seu pai e avó en 1361.[1].
Un dos dous fillos de Mateu Cantacuzeno disputou a sucesión do Despotado de Morea con Teodoro I Paleólogo, o fillo de Xoán V, entre 1380 e 1384. A única información sobre o evento é unha referencia críptica na Oración Fúnebre do emperador Manuel II Paleólogo para seu irmán Teodoro, que observa a insubordinación do "fillo" de Mateu Cantacuzeno, que usurpara o goberno na morte de Manuel Cantacuzeno en 1380. A visión tradicional é que este fillo foi Xoán, non Demetrio; con todo Dionysios Zakythinos, un historiador do Despotado do Peloponeso, inclinouse a pensar que o fillo foi Demetrio[1]. De acordo co bizantinista Donald Nicol, "este problema pode dificilmente ser satisfactoriamente resolto con base na evidencia documental dispoñíbel"[2].
Fillos
[editar | editar a fonte]O número exacto dos seus fillos e descendentes é incerto. Unha lista posíbel é[3]:
- Xurxo Paleólogo Cantacuzeno, coñecido polos turcos como "Sachatai" (m. c. 1456-59), académico e comandante militar, defendeu Semendria durante un ataque do Reino de Hungría en 1456.
- Andrónico Paleólogo Cantacuzeno (m. 3/4 de xuño de 1453, executado), o último gran doméstico do Imperio Bizantino.
- Tomé Cantacuzeno (m. 25 de xullo de 1463 en Adrianópole), diplomático ao servizo de Đurađ Branković, déspota da Serbia.
- Irene Cantacuzena (m. en maio de 1457), esposa do déspota serbio Đurađ Branković.
- Helena Cantacuzena (m. c. 1 de novembro de 1463 en Adrianópole, emperatriz de Trebisonda, esposa de David de Trebisonda.
- Unha filla que casou co rei da Xeorxia Xurxo VIII.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nicol, Donald M. (1993) [1972]. The Last Centuries of Byzantium, 1261-1453. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521439916.