División de Honra B de Rugby 2005-2006
A tempada 2005-2006 da División de Honra B foi a oitava edición da segunda división da liga de rugby de España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid e Valencia repartidos entre os dous grupos.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular
[editar | editar a fonte]Grupo 1
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Cisneros | 66 | 14 | 14 | 0 | 0 | 419 | 133 | 10 |
2º. | Vigo R.C. | 46 | 14 | 9 | 0 | 5 | 284 | 247 | 10 |
3º. | Gernika R.T. | 40 | 14 | 8 | 0 | 6 | 335 | 321 | 8 |
4º. | Hernani C.R.E. | 29 | 14 | 6 | 0 | 8 | 234 | 332 | 5 |
5º. | C.A.U. Valencia | 27 | 14 | 5 | 1 | 8 | 257 | 319 | 5 |
6º. | Durango R.T. | 25 | 14 | 4 | 0 | 10 | 271 | 301 | 9 |
7º. | Oviedo R.C. | 24 | 14 | 5 | 1 | 8 | 246 | 383 | 2 |
8º. | R.C. L'Hospitalet | 23 | 14 | 4 | 0 | 10 | 288 | 298 | 7 |
Grupo 2
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R.C. Pozuelo | 65 | 14 | 13 | 0 | 1 | 81 | 140 | 13 |
2º. | C.R. Les Abelles | 61 | 14 | 12 | 1 | 1 | 552 | 223 | 11 |
3º. | C.R.A. Portuense | 38 | 14 | 8 | 0 | 6 | 286 | 344 | 6 |
4º. | C.D.U. Málaga | 32 | 14 | 6 | 1 | 7 | 280 | 369 | 6 |
5º. | C.D.U. Sevilla | 31 | 14 | 6 | 1 | 7 | 318 | 364 | 5 |
6º. | C.R.A. Portuense | 24 | 14 | 5 | 0 | 9 | 266 | 396 | 4 |
7º. | C.A.R. | 23 | 14 | 4 | 1 | 9 | 228 | 421 | 5 |
8º. | C.D. Arquitectura | 3 | 14 | 0 | 0 | 14 | 189 | 672 | 3 |
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso
[editar | editar a fonte]Semifinais | Final | ||||||
C.R. Cisneros | 19 | 21 | |||||
C.R. Les Abelles | 15 | 14 | |||||
C.R. Cisneros | 18 | ||||||
C.R.C. Pozuelo | 40 | ||||||
C.R.C. Pozuelo | 26 | 57 | |||||
Vigo R.C. | 12 | 16 |
O campión da categoría foi o C.R.C. Pozuelo, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista C.R. Cisneros.
O CAR e o Oviedo perderon a categoría na promoción pola permanencia fronte ó CDU Granada e o Gaztedi respectivamente.