Saltar ao contido

Eardwulf de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEardwulf de Northumbria
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte810 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Mary and St Hardulph, Breedon on the Hill (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Northumbria
808 – década de 810
← Aelfwald II de NorthumbriaEanred de Northumbria →
Rei de Northumbria
14 de maio de 796 – 806
← Osbald de NorthumbriaAelfwald II de Northumbria → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEanred de Northumbria Editar o valor en Wikidata
PaiEardwulf (?) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Eardwulf foi rei de Northumbria desde o ano 796 ata o 806 en que foi deposto e se exiliou. Puido ter un segundo reinado dende o 808 até quizais o 811 ou 830.

Northumbria nos derradeiros anos do século VIII foi escenario dunha loita dinástica entre varias familias nobres e no 790 o, daquela, rei Æthelred I, intentou asasinar a Eardwulf. A supervivencia deste puido ser vista como un signo de favor divino. Un grupo de nobres conspirou para asasinar a Æthelred en abril de 796 e foi sucedido por Osbald. Mais o reinado de Osbald tan só durou vinte e sete días antes de ser deposto e Eardwulf coverteuse en rei o 14 de maio do 796.

Existen poucos rexistros sobre a familia de Eardwulf, aínda que o seu pai, de igual nome, é coñecido por ter sido un nobre. Earwulf estaba casado cando se converteu en rei, aínda que o nome da súa esposa tampouco está rexistrado. Posiblemente, casou despois cunha filla ilexítima de Carlomagno. No 798, ao comezo do seu reinado, Eardwulf loitou na batalla de Billington Moor, contra un nobre chamado Wada, que fora un dos asasinos do rei Æthelred. Wada foi derrotado e mandado ao exilio. No 801, Eardwulf dirixiu un exército contra Coenwulf de Mercia, quizais debido ao apoio deste a outros candidatos ao trono de Northumbria.

No 806, Eardwulf, foi deposto e, segundo un rexistro franco, regresou ao reino no 808. Non hai ningún rexistro da súa morte ou d final do seu reinado, e se teñen suxerido datas como o 811 ou o 830. Posiblemente, foi soterrado na abadía merciana de Breedon on the Hill, que leva unha dedicación a Santa María e San Hardulph, con quen Eardwulf é identificado por varios historiadores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou ao poder para substituír un rei que tiña sido deposto, Osbald, pero tampouco gustou o seu xeito de gobernar e acabou deposto. Tras o seu exilio, as fontes documentais difiren: algúns indican que volveu ser rei (e se isto fose certo, sería necesario refacer a datación dos reis que houbo tras el), mentres que outros din que foi monxe no mosteiro de Mericia e foi reverenciado como un santo.

Pouco se sabe sobre a súa orixe, pero parece que non estaba relacionado con ningunha das faccións que nos últimos anos optaba ao trono de Northumbria. Segundo Simeón de Durham, o nome do seu pai tamén foi Eardwulf[1], e os dous tiñan o título de dux[2]. A historiadora Barbara Yorke propuxo que debe ser un descendente dun Eanwine que (segundo Simeón de Durham) foi asasinado no ano 740, por orde do rei Eadberht[3]. Este Eanwine podería ser a mesma persoa que un fillo do rei Eadwulf I, tamén chamado así[4]. O pai de Eardwulf quizais foi un dos dous Eardwulfs cuxas mortes menciona Simeón de Durham no ano 774 e 775[5].

Parece que Æthelred I o consideraba un inimigo. No ano 790, Mercian conta que prenderon a Eardulf e o levaron a Ripon, e alí, o rei ordenou que o matasen por fóra das portas do mosteiro. Os monxes cargaron o seu corpo dentro da igrexa e lle cantaron cantos gregorianos, que despois o puxeron nunha tenda no patio e na medianoite o atoparon vivo dentro da igrexa[6].

Nunha carta escrita polo bispo Alcuíno de York a Eardwulf anos máis tarde interprétase esta afortunada recuperación como un milagre[7].

Non se sabe o que fixo Eardwulf despois da súa recuperación. El tivo máis sorte que os nenos de'Ælfwald I que non escaparon con vida da ira de Æthelred o ano 791[8]. Osred II regresou do exilio, pero foi traizoado e asasinado, tamén por orde de Æthelred o 792[9]. O mesmo Æthelred, foi asasinado en abril de 796, por unha conspiración do dux Ealdred[10]. Æthelred foi sucedido no trono por Osbald, un home de liñaxe descoñecida, que só estaba no poder por vinte e sete días e foi forzado a fuxir porque tiña espertado o odio de todos[10].

Reinos na illa de Gran Bretaña durante o 800 aproximadamente

Eardwulf foi nomeado rei do 14 de maio de 796. Na Crónica anglosaxoa dise que foi coroado por Eanbald, arcebispo de York, nunha cerimonia na catedral o día 26 de maio, na que tamén estaban presentes o bispos Æthelberht, Beadwulf e Hygebald[11].

Eardwulf xa estaba casado antes de ser rei, pois pouco despois Alcuíno lle censura que deixase a súa esposa lexítima por unha concubina. este pecado debilitou as relacións con Eanbald II, o arcebispo que substituíu a Eanbald, que morreu en 796. Alcuíno, mentres criticaba a opresión do secular sobre a Igrexa, sorprendeuse ao saber que o novo arcebispo viaxaba acompañado dunha gran comitiva de soldados, e que recibía e protexia aos inimigos do rei. Eanbald tiña, ademais, discrepancias co rei polo uso das rendas das propiedades da igrexa[12][13].

Aínda que Æthelred I era un inimigo de Eardwulf, os asasinos de Æthelred foron igualmente hostís con Eardwulf. En 798 un nobre chamado Wada, que foi un dos que participou no asasinato de Æthelred, loitou con Eardwulf en Billington Moor, un lugar preto de Whalley, Lancashire. Wada fuxiu despois, se cadra a Mercia, e pode ser que tivese en mente restaurar a Osbald no trono. A proba que demostra que o deposto Osbald seguía a ter ambición é unha carta de Alcuíno, probabelmente escrita no ano 798, na que intenta disuadir a Osbald de volver a intervir nos asuntos de goberno de Northumbria. Parece que os argumentos de Alcuíno o convenceron xa de que Osbald el continuou a facer vida retirada e era abade no ano da súa morte en 799[14].

Nos dous anos seguintes Eardwulf tivo dúas revoltas máis, parece que protagonizadas por membros de familias que xa optaran ao trono en décadas anteriores. En 799, un nobre chamado Moll foi asasinado por orde imperativa de Eardwulf[15]. O apelido Moll podería estar relacionado Æthelred I, que era o fillo deÆthelwald Moll. O ano seguinte, Ealhmund, que algúns dicían que era o fillo do rei Ealhred[16], foi asasinado pola xente de Eardwulf, e en Mercia foi venerado como santo[17], a continuación, Eardwulf enviou un exército contra Coenwulf de Mercia por ter dado acollida a Ealhmund, e outros inimigos seus. Despois, aconsellado polos bispos, fixeron as paces[18][19].

Eardwulf foi deposto en 806, en circunstancias descoñecidas. A correspondencia entre Carlomagno e o papa León III fai pensar que Coenwulf tivo que ver coa abdicación de Eardwulf. Segundo o cronista do século XIII, Roger de Wendover, Eardwulf foi substituído por Ælfwald II, do cal pouco se sabe[17].

Economía

[editar | editar a fonte]

Polo peso e o contido en prata na composición das moedas do seu reinado que se atoparon, sábese que economicamente foi un período bo. Despois do reinado de Eardwulf, cando a información procedente da bibliografía do período é escaso, o estudo das moedas pasa a ser máis relevante[20].

A partir da década dos 740 ata o fin da existencia do reino de Northumbria, moitos reis fixeron cuñar moedas, aínda que en diferente cantidade. Ata que hai pouco se atoparon moedas co nome de Eardwulf, pensábase que fora un período de inestabilidade económica, ou podía ser que o reino se estivese empobrecendo polo pago do tributo a Offa de Mercia e Coenwulf[20]. Actualmente sábese que a cuñaxe de moedas durou todo o reinado. Dúas das moedas co seu nome foron atopadas na década de 1990[21]. Parece que un novo tipo de moeda se cuñaba de forma limitada e non se volven a atopar cantidades grandes de moedas ata o reinado do seu fillo Eanred.[22]

Exilio e retorno

[editar | editar a fonte]

Earwulf viaxou ao país dos francos, primeiro estivo en Nijmegen e fixo saber a Carlomagno o motivo desde a súa chegada. Despois visitou Roma. Cando volveu a Northumbria foi acompañado por unha escolta e dous abades: un era o notario Hruotfrid e o outro Nantharius de sant Omer. As fontes documentais dos francos e unha carta do papa a Carlomagno deixan claro que volveu ao seu país, pero na literatura anglosaxoa non consta que tivese un segundo reinado. Os historiadores dubidan se Ælfwald foi substituído por Eardwulf, que tería un segundo reinado de 808 a 811 ou 812, ou se o reinado do seu fillo comezou en 808[a].

A igrexa dedicada a san Hardulph, podería estar relacionada con Eardwulf.

Algúns estudos recentes, sobre a base do descubrimento dun centavo de Eanred que non pode ser datado antes do 850, suxire que pode ser verdade o seu retorno ao poder. Segundo isto esta segunda etapa de reinado tería rematado preto de 830, e as datas dos reinados dos seguintes reis deben ser reorganizada doutro xeito: Eanred de 830 a 854, Æthelred II do 854 ao 862, Rædwulf o 858, e Osberht desde 862 a 867[21].

Eardwulf foi identificado por algúns historiadores, coa saint Hardulph ou Hardulf, ao que había dedicada unha igrexa no territorio de Mercia, no actual aldea de Breedon on the Hill. Esta identificación non se deu demostrado de todo, a base é só unha lista de lugares onde hai santos enterrados no mosteiro de Peterborough. Nesta dise que o santo Hardulph a quen foi dedicada a igrexa de Breedon fora un rei[5]. Hai unha pedra tallada na parede da igrexa na que podemos ver unha procesión de homes barbudos que parece unha reprodución do Libro de Cerne, unha obra asociada ao bispo Æthelwold de Lichfield (818-830)[25]. Este relevo, que quizais anteriormente formaba parte dun sarcófago que contiña os restos dun personaxe de clase alta, foi datado no primeiro terzo do século IX[26]. Segundo un calendario na idade media, os monxes beneditinos da Breedon celebraban a festa de san Hardulph o día 21 de agosto[27].

En ningún libro da súa época está rexistrada a morte de Eardwulf.

  1. Rollason e Kirby están a favor da teoría do segundo reinado [23], pero Yorke non.[24]
  1. Simeón de Durham, Historia regum Anglorum et Dacorum, s.a. 796
  2. Yorke 1990, p. 89, 93.
  3. Yorke 1990, p. 90, táboa 11.
  4. Kirby 1992, p. 145.
  5. 5,0 5,1 Story 2003, p. 159.
  6. Simeón de Durham, Historia regum Anglorum et Dacorum, s.a. 790
  7. Whitelock 1996, p. 15.
  8. Simeón de Durham, Historia regum Anglorum et Dacorum, s.a. 792
  9. Swanton 1996, p. 55.
  10. 10,0 10,1 Kirby 1992, p. 155.
  11. Crònica anglosaxona, s.a. 796
  12. Kirby 1992, p. 156–157.
  13. Campbell, John & Wormald 1982, p. 102.
  14. Kirby 1992, p. 156.
  15. Stevenson 1855, p. 461.
  16. Stevenson 1855, p. 462.
  17. 17,0 17,1 Kirby 1992, p. 157.
  18. Stevenson 1855, p. 463.
  19. Campbell, John & Wormald 1982, p. 89.
  20. 20,0 20,1 Higham 1993, p. 166–172.
  21. 21,0 21,1 Kirby 1992, p. 198.
  22. Blackburn & Grierson 2006, p. 296–299.
  23. Kirby 1992, p. 196.
  24. Yorke 1990, p. 96.
  25. Webster & Backhouse 1991, p. 211.
  26. Plunkett 1898, p. 220–225 i fig. 70.
  27. Kirby 1992, p. 196—198.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]