Estadio Peter Mokaba
Peter Mokaba | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 23°55′29″S 29°28′08″L / -23.924689, 29.468765 |
Localización | Polokwane, Suráfrica |
Construción | |
Inauguración | 2010 |
Arquitecto | AFL Architects |
Custo | $150 millóns |
Estadio | |
Superficie | Desso GrassMaster |
Capacidade | 46.000 |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Peter Mokaba en Polokwane, Suráfrica, é un campo de fútbol con capacidade para 46.000 espectadores, construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. Foi inaugurado en 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Trátase dun do cinco novos estadios construídos para o Campionato do Mundo de 2010, e atópase no Complexo Deportivo Peter Mokaba. Está situado aproximadamente a 5 km do centro da cidade, e a súa capacidade para o campionato será de 46.000 espectadores.[1]
O complexo deportivo leva o nome do falecido Peter Mokaba, un soado activista político da sección xuvenil do Congreso Nacional Africano durante o apartheid. Nacera e vivira en Polokwane, e foi moi recoñecido polo seu espírito de loita e liderado contra o racismo. Ademais, dáse a circunstancia de que foi situado na provincia de Limpopo, a de maior cantidade de futbolistas federados de todo o país.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A forma da grande estrutura de formigón está inspirada nunha árbore local chamada Baobab, cunha estrutura de aceiro que suxeita o teito plano desde cada esquina do estadio, e co apoio nuns troncos sobre os que se asentan as ramplas de circulación vertical. As instalacións foron organizadas para ofrecer un cómodo acceso, estacionamento e circulación dos afeccionados que asisten aos encontros tanto de fútbol como de rugby que se poderán disputar no seu interior.
Copa do Mundo 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos
[editar | editar a fonte]Albergou durante o campionato catro partidos, todos eles da fase de grupos. Os encontros foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
13 de xuño | Primeira rolda | Alxeria | Eslovenia | ||||
17 de xuño | Primeira rolda | Francia | México | ||||
22 de xuño | Primeira rolda | Grecia | Arxentina | ||||
24 de xuño | Primeira rolda | Paraguai | Nova Zelandia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fifa.com: Peter Mokaba.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2010.
- ↑ "Fifa.com: Estadio Peter Mokaba.". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Peter Mokaba |
- Estadio Peter Mokaba en fifa.com Arquivado 04 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.