Evgenii Leonov
Evgenii Pavlovich Leonov (ruso: Евгений Павлович Леонов), nado en Moscova o 2 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 29 de xaneiro de 1994, foi un actor soviético-ruso que interpretou papei en varios dos filmes soviéticos máis célebres, como Dzhentlmeny udachi, Mimino e Polosatyi reys. Considerado "un dos máis queridos actores de Rusia",[1] tamén puxo voz a moitas personaxes de animación, incluído Vinni Pukh (Winnie-the-Pooh).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Mentres Leonov crecía nunha típica familia moscovita, arelaba convertirse en piloto de guerra, soño habitual entre moitos mozos durante a segunda guerra mundial. Isto tamén adoita atribuírse ao feito de que o seu pai traballa nunha fábrica de avións. Durante a gran guerra patriótica, el e toda a súa familia traballa nunha fábrica de fabricación de armas.[2] Trala guerra, uniuse á escola do Teatro da Arte de Moscova, onde estudou con Mikhail Ianshin.
Carreira
[editar | editar a fonte]No seu primeiro filme, Leonov apareceu como extra e non recibiu ningunha atención. Máis adiante comezouse en actor habitual de Giorgi Danelia, aparecendo en todas as súas obras, incluídas Dzhentlmeny udachi, Osenniy marafon, Mimino, Afonya e Kin-dza-dza!. Especializouse en papeis cómicos polo seu físico,[3] mais tamén recibiu críticas notables polos seus papeis tráxicos e a súa invariábel naturalidade da súa interpretación. Dise que moitos actores destacados evitaban aparecer nos mesmos filmes con Leonov, polo seu xeito natural de actuar, que os facía parecer tensos.
A pesar da súa breve aparición en Osenniy marafon (1980) de Danelia (un dos seus filmes máis populares), gañou polo papel o premio ao mellor actor no Festival de Venecia. No filme, Leonov brillou como antiheroe e realizou un retrato hilarante dun simple e entremetido home que bebía demasiado e que non adoraba nada máis que dicir parvadas mentres alguén o puidese soportar. Outros filmes fundamentais foron Dzhentlmeny udachi e Belorusski vokzal, ambs de 1971.[2] "Dise que Leonov foi para os rusos o que Fernandel foi para os franceses".[1] Interpretou máis de 200 personaxes e foi o máis coñecido actor secundario do cinema ruso.[1]
En 1991 (ou en 1988[4][5][6]), cando facía unha xira en Alemaña, sufriu un ataque cardíaco masivo que o deixou en coma durante 10 ou 16 días.[4][5][6] A súa vida foi salvada logo dunha cirurxía importante e en canto Leonov se recuperou comezou a poñer datas a novas interpretacións no teatro Lenkom.[1]
Leonov faleceu o 29 de xaneiro de 1994 de camiño ao Teatro Lenkom para interpretar The Prayer For The Dead (A Memorial Prayer[2]).[1] Cando se anunciou a súa morte ao público, este espontaneamente lanzouse á igrexa do outro lado da rúa e acendeu candeas en sinal de loito.[1] Máis de medio millón de persoas resistiron ao frío para realizar unha procesión na súa memoria.[1] Está enterrado no cemiterio Novodevichy de Moscova, preto doutras importantes figuras da cultura rusa.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Death: Yevgeny Leonov. The Guardian (Londres). 23 de febreiro de 1994.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Russia Parts With a Comic Legend. John Freedman. The Moscow Times No. 392. 3 de febreiro de 1994.
- ↑ Allmovie
- ↑ 4,0 4,1 Леонов Евгений - Биография - Актеры советского и российского кино (en ruso)
- ↑ 5,0 5,1 Евгений Леонов (Evgeniy Leonov) - биография - советские актёры - Кино-Театр.РУ (en ruso)
- ↑ 6,0 6,1 Биография Евгения Леонова - РИА Новости, 02.09.2016 (en ruso)
- ↑ Sviridov buried in Novodevichy cemetery in Moscow. Viktoria Dunayeva. TASS 9 de xaneiro de 1998.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evgenii Leonov |