Saltar ao contido

Festival de Eurovisión Júnior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival da Canción de Eurovisión Júnior
Localización Europa
Anos Dende 2003
Nº edicións 18
Fundadores
Data Novembro (14 edicións) - decembro (4 edicións)
Xénero Todos
Organizador Unión Europea de Radiodifusión
Web oficial http://www.junioreurovision.tv/
Na rede Facebook: junioreurovision Twitter: EurovisionJr Instagram: junioreurovisionofficial Youtube: UC-lkYjunAyfultKGuRJz6HQ Editar o valor en Wikidata

O Festival da Canción de Eurovisión Júnior (Junior Eurovision Song Contest, en inglés) é un concurso organizado pola Unión Europea de Radiodifusión, a imaxe e semellanza do Festival de Eurovisión, pero para nenos de entre 8 e 16 anos.

O ano anterior á primeira edición celebrouse un festival similar, o Melodi Grand Prix Nordic, no que só participaron tres países escandinavos; este festival gañouno Razz por Dinamarca coa canción Kickflipper. A imaxe deste festival, a Unión Europea de Radiodifusión decidiu organizar o Festival de Eurovisión Júnior 2003, que tivo lugar en Copenhaguen o 15 de novembro de 2003.

Iniciouse con varios países da Europa Occidental, con todo, ano tras ano aumentaron os países de Europa do Leste e fóronse retirando os que iniciaron o concurso.

Segundo o posicionamento, tanto Belarús como Armenia son os países máis exitosos na historia do festival, con cinco posicionamentos no top 3. Belarús e Xeorxia son os únicos países en gañar o festival máis dunha vez; o primeiro tivo dúas vitorias no 2005 e 2007, e o segundo gañouno no 2008 e 2011.

A maior vitoria foi a da cantante española María Isabel no 2004 que logrou 171 puntos, batendo un récord que aínda non foi superado, con 8 puntuacións máximas. A canción Antes muerta que sencilla segue sendo a de máis éxito do festival.

Nas primeiras seis edicións (do 2003 ao 2008), o festival tivo boa aceptación en países interesados en participar. A partir da edición do 2009 celebrada en Ucraína, o festival empezou un declive que se agudizou nas edicións do 2012 e 2013, ao participar só 12 países, a maioría novos. Na edición do 2014 que se celebrou en Malta, igualouse o número de participantes das edicións do 2003 e 2005, un total de 16. Cómpre destacar o retorno de Bulgaria (ausente dende o 2012), Chipre (ausente dende o 2010) e Serbia (ausente dende o 2011) e o debut de tres países: Eslovenia, Italia e Montenegro. En contraste, Acerbaixán, Macedonia e Moldova son os tres países que participaron no 2013 e non no 2014.

Ano País Cidade Lugar Participantes
2003 Dinamarca Dinamarca Copenhaguen Forum Copenhagen 16
2004 Noruega Noruega Lillehammer Håkons Hall 18
2005 Bélxica Bélxica Hasselt Ethias Arena 16
2006 Romanía Romanía Bucarest Sala Polivalenta 15
2007 Países Baixos Países Baixos Rotterdam Ahoy 17
2008 Chipre Chipre[1] Limasol Palais des sports 15
2009 Ucraína Ucraína[2] Kíiv Palace of Sports 13
2010 Belarús Belarús Minsk Minsk Arena 14
2011 Armenia[3] Iereván Karen Demirchyan Arena 13
2012 Países Baixos Países Baixos[4][5] Ámsterdam Heineken Music Hall 12
2013 Ucraína Ucraína Kíiv Palacio Nacional das Artes da Ucraína 12
2014 Malta Malta[6][7] Malta Shipbuilding 16
2015  Bulgaria Sofía Arena Armeec 17
2016  Malta A Valeta Centro de Conferencias do Mediterráneo 17
2017  Xeorxia Tiflis Palacio Olímpico de Tiflis 16
2018  Belarús [8] Minsk Minsk Arena 20
2019  Polonia Gliwice-Silesia Arena Gliwice 19
2020 Polonia Polonia Varsovia Sede de TVP 12

Participación

[editar | editar a fonte]
Participaciones dende 2003:      Participaron polo menos unha vez      Nunca participaron, pero poden facelo
Ano Países segundo comezan a participar
2003 Belarús Belarús, Bélxica Bélxica, Croacia Croacia,Chipre Chipre,
Dinamarca Dinamarca, Grecia Grecia, Letonia, Macedonia do Norte Macedonia,
Malta, Países Baixos Países Baixos, Noruega, Polonia Polonia,
Romanía Romanía, España España, Suecia, Reino Unido
2004 Francia Francia, Suíza Suíza
2005 Rusia, Serbia e Montenegro
2006 Portugal Portugal, Serbia, Ucraína Ucraína
2007 Armenia, Bulgaria Bulgaria, Xeorxia, Lituania Lituania
2010 Moldova
2012 Israel, Albania, Acerbaixán Acerbaixán
2013 San Mariño
2014 Eslovenia Eslovenia, Italia Italia, Montenegro
2015  Chipre,  Croacia,  Suecia
2016  Eslovenia,  Montenegro,  San Marino
2017  Bulgaria,  Israel
2018  Chipre
2019
2020 Alemaña Alemaña

Países gañadores

[editar | editar a fonte]
Mapa de gañadores.
Ano País gañador Canción Intérprete Puntos Segundo lugar Terceiro lugar Data Sede
2003 Croacia Croacia Ti Si Moja Prva Ljubav Dino Jelusić 134 España España Reino Unido Reino Unido 15 de novembro de 2003 Dinamarca Copenhague
2004 España España Antes muerta que sencilla María Isabel 171 Reino Unido Reino Unido Croacia Croacia 20 de novembro de 2004 Noruega Lillehammer
2005 Belarús Belarús My Vmeste Ksenia Sitnik 149 España España Noruega Noruega 26 de novembro de 2005 Bélxica Hasselt
2006 Rusia Rusia Veseniy Jazz Xemelgas Tolmachevy 154 Belarús Belarús Suecia Suecia 2 de decembro de 2006 Romanía Bucarest
2007 Belarús Belarús S' Druzyami Alekséi Zhigalkóvich 137 Armenia Armenia Serbia Serbia 8 de decembro de 2007 Países Baixos Rotterdam
2008 Xeorxia Xeorxia Bzz... Bzikebi 154 Ucraína Ucraína Lituania Lituania 22 de novembro de 2008 Chipre Limassol
2009 Países Baixos Países Baixos Click Clack Ralf Mackenbach 121 Armenia Armenia Rusia Rusia 21 de novembro de 2009 Ucraína Kíiv
2010 Armenia Armenia[9] Mama Vladimir Arzumanyan 120 Rusia Rusia Serbia Serbia 20 de novembro de 2010 Belarús Minsk
2011 Xeorxia Xeorxia[10] Candy Music CANDY 108 Países Baixos Países Baixos Belarús Belarús 3 de decembro de 2011 Armenia Ereván[3]
2012 Ucraína Ucraína Nebo Anastasiya Petryk 138 Xeorxia Xeorxia Armenia Armenia 1 de decembro de 2012 Países Baixos Ámsterdam[5]
2013  Malta The Start Gaia Cauchi 130 Ucraína Ucraína Belarús Belarús 30 de novembro de 2013 Ucraína Kíiv
2014  Italia Tu Primo Grande Amore Vincenzo Cantiello 159 Bulgaria Bulgaria Armenia Armenia 15 de novembro de 2014 Malta Malta
2015  Malta Not My Soul Destiny Chukunyere 185  Armenia  Eslovenia 21 de novembro de 2015 Bulgaria Bulgaria
2016  Xeorxia Mzeo Mariam Mamadashvili 239  Armenia  Italia 20 de novembro de 2016 Malta A Valeta
2017 Rusia Rusia Kryl'ya Polina Bogusevich 188  Xeorxia  Australia 26 de novembro de 2017 Xeorxia Tiflis
2018 Polonia Polonia Anyone I Want To Be Roksana Węgiel 215 Francia Francia Australia Australia 25 de novembro de 2018 Belarús Minsk
2019 Polonia Polonia Superhero Viki Gabor 278 Casaquistán España España 24 de novembro de 2019 Polonia Gliwice-Silesia
2020 Francia Francia J'imagine Valentine 200 Casaquistán España España 29 de novembro de 2019 Polonia Varsovia
  1. Jesús Palacios (9 de decembro de 2007). "Limassol, en Chipre, será la sede de Eurovisión Junior 2008". Eurovision-spain.com (en español). 
  2. José García Hernández (8 de xuño de 2009). "Suecia retorna na edición de 2009 celebrada en Kiev. E Belarús será a sede de 2010". Eurovision-spain.com (en español). 
  3. 3,0 3,1 "Armenia será a sede de Eurojunior 2011". AEVeurovision.com (en español). 18 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  4. Jarmo (11 de outubro de 2011). "Netherlands to host Junior 2012". AEVeurovision.com (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 M. Loredo (13 de outubro de 2011). "Países Bajos volverá a organizar Eurovisión Junior en 2012". Eurovision-spain.com (en español). 
  6. Non se designou o nome de ningunha cidade sede oficial, se non que a isla de Malta foi designada como sede do festival, O recinto da sede atopábase na localidade de Marsa.
  7. http://www.junioreurovision.tv/page/blog?id=malta_to_host_junior_eurovision_2014
  8. Jordan, Paul (15 de outubro de 2017). "Minsk announced as the host city for Junior Eurovision 2018!". junioreurovision.tv. EBU. 
  9. "Armenia gana el Eurojunior por 1 punto". AEVeurovisión.com. 15 de decembro de 2010. 
  10. "CANDY from Georgia win Junior 2011!". Eurovision.tv (en inglés). 3 de decembro de 2011.