Golfo de Suez
(ar) خليج السويس | ||||
Tipo | Golfo angra (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Vermello | |||
Localización | ||||
División administrativa | Exipto | |||
| ||||
Características | ||||
Profundidade | 70 m | |||
O golfo de Suez (en árabe: خليج السويس; Árabe transliterado: Khalyj as-Suways, anteriormente بحر القلزم, baḥar al-qulzum, lit. "Mar da calma") é un golfo no extremo norte do Mar Vermello, ao oeste da Península do Sinaí. Situado ao leste da península do Sinaí está o máis pequeno Golfo de Aqaba. O golfo formouse dentro dun relativamente novo pero agora inactivo rift do Golfo de Suez, que data de fai 26 millóns de anos.[1] Esténdese por 300 km de norte a noroeste, terminando na cidade exipcia de Suez e na entrada ao Canle de Suez. Ao longo da liña media do golfo atópase a fronteira entre África e Asia.[2] A entrada do golfo atópase encima do xacemento petrolífero e de gas de Gemsa.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O golfo ocupa o brazo noroeste do Mar Vermello entre África e a península do Sinaí. É o terceiro brazo do sistema da Tripla unión tectónica, o segundo brazo é o Golfo de Aqaba.
A lonxitude do golfo, desde a súa boca no Estreito de Gubal (nome alternativo: Estreito de Xubal).[4] á súa cabeceira na cidade de Suez, é de 314 km., e varía de ancho de 19 a 32 km..
Extensión
[editar | editar a fonte]A Organización Hidrográfica Internacional define o límite meridional do Golfo como "Unha liña que vai desde Ras Muhammed (27°43'N) ata o punto sur da illa Shadwan (34° 02'E) e desde alí cara ao oeste en paralelo (27° 27'N) á costa de África".[5]
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: golfo de Suez Rift.
O xacemento Gemsa descubríuse en 1869, pero non se explotou ata 1910. O campo de Hurghada comezou a explotarse en 1913. En 1998, máis de 1900 pozos foran perforados e se identificaron 120 xacementos.[6]
Atópanse tres grandes campos de petróleo no golfo: o xacemento petrolífero de Morgan descuberto en 1964, o xacemento de petróleo de Belayim descuberto en 1955 e o October Field descuberto en 1977.[7]:238.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Suez |
- ↑ http://geoinfo.amu.edu.pl/wpk/geos/GEO_2/GEO_PLATE_T-37.HTML Detailed geological information on the Gulf
- ↑ "ISS EarthKAM: Images: Collections: Composite: Gulf of Suez, Egypt and Saudi Arabia". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2003. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "USGS Open File Report OF99-50-A Red Sea Basin Province (Province Geology)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Madiq jubal". Tageo.com database of geographic coordinate information.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
- ↑ Lindquist, Sandra (1998). The Red Sea Province: Sudr-Nubia(!) and Maqna(!) Petroleum Systems, USGS Open File Report 99-50-A. US Dept. of the Interior. pp. 6,8.
- ↑ Lelek, J.J., Shepherd, D.B., Stone, D.M., and Abdine, A.S., 1992, October Field, In Giant Oil and Gas Fields of the Decade, 1978-1988, AAPG Memoir 54, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813330