Saltar ao contido

Mar de Sulu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Sulu
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaFilipinas Editar o valor en Wikidata
División administrativaFilipinas Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°N 120°L / 8, 120
Comparte fronteira conGorontalo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Características
Profundidade1.000 m
5.576 m Editar o valor en Wikidata
Superficie348.000 km² Editar o valor en Wikidata
O Mar de Sulu, entre Malaisia e Filipinas

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico[1] limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O mar de Sulu ten como límites:

No mar de Sulu atópanse numerosas illas: as illas de Cuyo e Cagayán de Sulu, que forman parte da provincia de Palawan; Cagayán de Tawi-Tawi e as Turtle Islands (Illas Tartaruga) son parte da provincia de Tawi-Tawi. Neste mar tamén se localiza o Parque Mariño Nacional Tubbataha Reef, que foi declarado Patrimonio da Humanidade.[4]

Vista do mar de Sulu (desde Palawan).

A parte sur deste mar é unha conca profunda, que remonta nunha longa pendente cara á barreira de Palawan. Polo fondo discorre unha cordilleira oceánica que se estende paralela á illa de Palawan e ao arquipélago de Sulu e da que xorden formacións xeolóxicas de atoles oceánicos e plataformas de arrecifes. Os arrecifes presentan un terreo submarino que gradualmente vai inclinándose e con paredes verticais de ata 1000 metros de altura.

Politicamente, a provincia de Sulú consiste en máis de 400 illas dispersas e case deshabitadas, estendéndose desde a península de Zamboanga ata a illa de Borneo. As illas dentro deste mar conforman o arquipélago de Sulu, a parte máis meridional do arquipélago das illas Filipinas, e dividen o mar de Sulu e o mar de Célebes.

As rexións próximas ao mar son abundantes en recursos madeireiros, pero a industria máis importante é a pesqueira, sobre todo a dos cogombros de mar, ademais doutros peixes de todo tipo, perlas e especies de tartarugas mariñas que agora se atopan en perigo de extinción.

  1. "Mar de Sulú". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  2. "Mar Amarillo, Mar de China Oriental, Mar de China Meridional". Lighthouse Foundation. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  3. "Mar de Célebes". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008. 
  4. "Tubbataha Reef Marine Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 30 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]