Saltar ao contido

Gran Premio de Mónaco de 1966

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 1966
Nome oficialXXIV Monaco Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento100 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,337 km Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Número de edición26  (1966) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJackie Stewart Editar o valor en Wikidata
Pole positionJim Clark Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaLorenzo Bandini Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Mónaco de 1966 foi unha carreira de coches de Fórmula Un celebrada no Circuíto de Mónaco o 22 de maio de 1966. Foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un de 1966, o primeiro dunha nova era para a Fórmula Un, o "regreso da potencia", as regulacións do motor foron cambiadas de 1´5 litros de cilindrada máxima de motor a 3.0 litros. Foi o 24 Gran Premio de Mónaco.

A carreira foi gañada polo piloto británico Jackie Stewart pilotando un BRM P261. Logrou a vitoria con corenta segundos sobre o Ferrari 246 do piloto italiano Lorenzo Bandini. Foi a segunda vitoria de Stewart nun Gran Premio logo de gañar o Gran Premio de Italia do ano anterior. Compañeiro de equipo de Stewart, o británico Graham Hill terminou unha volta atrás na terceira posición no seu BRM P261. O outro único piloto que rematou nos puntos foi o piloto americano Bob Bondurant pilotando un BRM P261 totalmente privado do equipo de Chamaco Collect.

Informe da carreira

[editar | editar a fonte]

A primeira carreira do novo motor de 3 litros foi en Mónaco. Poucos equipos estaban listos para o novo regulamento e varios equipos comezaron a carreira aínda cos motores de 1965, ou adaptaron motores máis pesados doutros coches deportivos de carreiras.

Algunhas das carreiras foron filmadas para a película Grand Prix. Foi a primeira carreira da escudería McLaren, e do Repco V8 traseiro no novo chasis BT19 de Brabham de 1966. John Surtees, aínda recuperabase dun accidente en Mosport Park liderou durante 14 voltas sobre Jackie Stewart, Jochen Rindt e Denny Hulme ata que o seu diferencial rompeu, entregando o liderado a Stewart. Hulme retirouse, mentres que Graham Hill e Jim Clark disputaron o terceiro lugar ata que a suspensión de Clark deixou de funcionar. Mentres tanto, Lorenzo Bandini, foi rompendo a marca de volta antes de ter que levantar o pé para evitar que os freos dianteiros gastásense. Stewart gañou a Bandini con Graham Hill terceiro e Bob Bondurant cuarto e último cohe que chegou a liña de meta nunha carreira de desgaste extremo. As novas regras significaban que os coches tiñan que completar o 90% da distancia da carreira para ser clasificados e optar aos puntos, o que significou que, aínda que Guy Ligier e Jo Bonnier seguían correndo, consideráronse o suficientemente atrasados como para retiralos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Jackie Stewart BRM 100 2:33:10.5 3 9
2 16 Italia Lorenzo Bandini Ferrari 100 + 40.2 5 6
3 11 Graham Hill BRM 99 + 1 volta 4 4
4 19 Bob Bondurant BRM 95 + 5 voltas 16 3
Ret 9 Richie Ginther Cooper-Maserati 80 Transmisión 9
NC 21 Francia Guy Ligier Cooper-Maserati 75 Non clasificado 15
NC 18 Jo Bonnier Cooper-Maserati 73 Non clasificado 16
Ret 4 Jim Clark Lotus-Climax 60 Suspensión 1
Ret 10 Austria Jochen Rindt Cooper-Maserati 56 Motor 7
Ret 14 Suíza Jo Siffert Brabham-BRM 35 Embrague 13
Ret 6 Mike Spence Lotus-BRM 34 Suspensión 12
Ret 7 Australia Jack Brabham Brabham-Repco 17 Caixa de cambios 11
Ret 17 John Surtees Ferrari 16 Transmisión 2
Ret 8 Denny Hulme Brabham-Climax 15 Transmisión 6
Ret 2 Bruce McLaren McLaren-Ford 9 Fuga de aceite 10
Ret 15 Bob Anderson Brabham-Climax 3 Engine 8

Os líderes de volta

[editar | editar a fonte]

John Surtees (voltas 1–14), Jackie Stewart (15–100)

Clasificación tras a carreira

[editar | editar a fonte]
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 2008-01-15. 


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1965
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1965
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1967