Saltar ao contido

Héctor Alterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHéctor Alterio

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Héctor Benjamín Alterio Onorato Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FillosErnesto Alterio, Malena Alterio Editar o valor en Wikidata
ParentesEduardo Alterio, tío Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0022765 Allocine: 3305 Allmovie: p1208 TCM: 2947 BNE: XX1076238 Editar o valor en Wikidata

Héctor Benjamín Alterio, nado en Buenos Aires o 21 de setembro de 1929, é un actor arxentino residente en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ó finalizar os seus estudos de arte dramática, crea a compañía Nuevo Teatro, que renova a escena arxentina da década dos 60. Pero o seu debut nos escenarios produciuse moito antes, en 1948, cando protagonizou Como suicidarse en primavera unha obra escrita en 1937 edirixida por Alejandro Casona.

En 1950 foi cando fundou a compañía Nuevo Teatro coa que trabalou a pleno rendemento ata 1968. Pero os que realmente lle deron popularidade foron os seus traballos en cine que empezaron en 1965 con Todo sol es amargo, de Alfredo Mathé. Nos seguintes anos Alterio interveu nalgunhas das mellores películas da que era daquela a nova xeración de cineastas arxentinos. Fixo colaboracións con Fernando Ayala Argentino hasta la muerte, 1970, Juan José Jusid La fidelidad, 1970, Héctor Olivera La venganza del beto Sánchez, 1972 e La Patagonia rebelde, 1974, Oso de Prata en Berlín. E o máis destacado deles, Leopoldo Torre Nilson El santo de la espada, 1969, La mafia, 1971 ou Los siete locos, 1972.

En 1975, mentres se atopaba en España, foi ameazado de morte polo Triplo A, polo que decide non regresar ó seu país.

Desde 1975, Alterio tamén participou en multitude de producións españolas, deixando memorables creacións en A un dios desconocido (1977) de Jaime Chávarri, co que obtivo o premio ó mellor actor no Festival de San Sebastián; El crimen de Cuenca (1979) de Pilar Miró; El nido (1980) de Jaime de Armiñán, película nomeada ó Oscar e premio ó mellor actor da Asociación de Cronistas de Nueva York; ou Don Juan en los infiernos (1991) e El detective y la muerte (1994); ambas películas de Gonzalo Suárez.

Os seus fillos, Ernesto Alterio e Malena Alterio tamén son actores. En 2003 entregaron ó seu pai o Goya de Honor.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]