Saltar ao contido

Henry Morgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Morgan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1631 Editar o valor en Wikidata
Llanrumney (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1688 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Port Maria (Colonia de Xamaica) Editar o valor en Wikidata
Causa da morterinite (pt) Traducir
cirrose hepática Editar o valor en Wikidata
Lieutenant Governor of Jamaica (en) Traducir
1680 – 1682
← Charles Howard (pt) TraducirThomas Lynch (en) Traducir →
Lieutenant Governor of Jamaica (en) Traducir
1678 – 1678
← John Vaughan, 3rd Earl of Carbery (en) TraducirCharles Howard (pt) Traducir →
Lieutenant Governor of Jamaica (en) Traducir
novembro de 1674 – 1675
← Thomas Lynch (en) TraducirJohn Vaughan, 3rd Earl of Carbery (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Mar Caribe Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFilibusteiro, corsario, comerciante de escravos, pirata, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1635 Editar o valor en Wikidata - 1688 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Jamaica Station (en) Traducir e Battle of Mata Asnillos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Morgan-8161 Find a Grave: 29647223 Editar o valor en Wikidata

Sir Henry Morgan (en galés: Harri Morgan), nado ca. 1635 en Llanrumney, Reino de Inglaterra (actual Cardiff) e finado o 25 de agosto de 1688 en Lawrencefield, Xamaica, foi un corsario galés, líder dos bucaneiros do mar Caribe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Llanrhymny en Glamorgan, pouco é o que se sabe del antes de 1665, o certo é que do seu Gales natal marchou ao Caribe, quizais participou na expedición que conquistou Xamaica, seu tío Edward Morgan foi tenente gobernador da colonia en 1660. Na expedición de Christopher Myngs que atacou Santiago de Cuba en 1662 aparece un capitán Morgan e presumiblemente fora el.

En 1665 ao principiar a Segunda Guerra Anglo-holandesa, o gobernador de Xamaica, Thomas Modyford comisionou a Edward Mansfield para atacar Curaçao e como lugartenente elixiu a Morgan. En decembro partiu a expedición con 15 navíos e 500 homes. No canto de dirixirse á posesión holandesa chegaron á illa de Santa Catalina e á de Providencia, enfronte de Nicaragua, que deciden tomar para convertela nunha base de operacións, parten de novo coa intención de tomar Natá, o que foi un desastre ao igual que os intentos de facerse con Cartago e a expedición volveu a Xamaica. Despois da morte de Mansfield, que fora capturado polos españois, os bucaneiros elixiron como o seu xefe a Morgan en 1667. A primeira expedición que organizou dirixiuse a Cuba, os 12 barcos que a compuñan fondearon o 28 de marzo de 1668 na baía de Santa María, dirixíndose por terra a Puerto Príncipe e enfrontándose con éxito a 300 xinetes que os estaban agardaban, a cidade apenas resistiu unha hora máis e foi totalmente saqueada; Morgan conseguiu un botín de 50.000 pesos que os filibusteiros consideraron escaso polo que decidiu atacar Portobelo, na que se almacenaba a prata que do Perú se embarcaba para España, a cidade estaba ben defendida e os franceses que acompañaban a Morgan decidiron retirarse pero el non renunciou, con nove navíos e 460 homes aportou a Naos, situada a 50 km continuando en barcas por río ata as proximidades, en pouco tempo fixéronse co control case total da localidade agás o Castelo de San Jerónimo onde se refuxiara o gobernador, tras un día de loita conquistou o castelo subindo os muros protexido polos corpos de freires e freiras e aínda así tardou toda a noite en conquistalo. A cidade saqueouse durante días. Morgan volveu a Xamaica e foi recibido triunfalmente polo gobernador Modyford, que case inmediatamente encargoulle a Morgan outra expedición contra os españois, regaloulle unha portentosa fragata, a Oxford, de 36 canóns pero en xaneiro de 1669 nunha xuntanza de 1000 bucaneiros ingleses e franceses na Illa da Vaca a fragata explotou nun accidente, matando máis de 300 piratas. Aínda así a expedición partiu días máis tarde cara ao lago de Maracaibo, a frota que compuñan 8 navíos e 500 homes chegou en marzo saqueando a cidade de Maracaibo, seguindo despois ao asentamento de Gibraltar ao fondo do lago. De volta a Maracaibo, Morgan atopouse con tres barcos españois á entrada do lago, o Magdalena, de 36 canóns, o San Luis, de 26 e a Marquesa, de 14. Morgan decidiu armar un barco de lume, ideado para estoupar ao se aproximar o barco inimigo, para lles facer fronte. Cun forte botín, máis de 250.000 pesos volveu a Xamaica.

Mercou unha facenda en Xamaica e durante un ano permaneceu retirado ata que o gobernador o nomeou almirante de todos os barcos de guerra de Xamaica coa misión de destruír os barcos e tropas españolas que atopase, en mar ou terra. O 24 de outubro de 1670, 37 navíos e 2200 homes xuntáronse na Illa da Vaca, Morgan decidiu atacar a cidade de Panamá, unha das máis ricas da América española; o 6 de decembro reconquistou a illa de Santa Catalina, ao chegar a noticia aos españois reforzaron ás tropas do Castelo de Chagres, na entrada do Istmo de Panamá, chegando a 314 soldados, Morgan enviou contra el 5 navíos con 500 homes ao mando de Joseph Bradley, o asalto comezou o día 6 de xaneiro de 1671 e foi sanguiñolento, só sobreviviron 30 españois, os británicos perderon 100 homes e o seu xefe. Morgan chegou a Chagres uns días despois e con 1400 homes iniciou o cruzamento do istmo o 18 de xaneiro remontando o río Chagres, con escasos víveres e atacados por partidas de indios a viaxe foi difícil. O día 27 de xaneiro chegaron ás portas da cidade, defendida por 1300 homes con escasas armas de fogo, no primeiro enfrontamento Morgan perdeu varios centos de homes pero os españois perderon a metade dos seus efectivos, facendo imposible defender a cidade e ás tres horas a cidade caeu no poder de Morgan e os seus que empezaron a saquealo todo ata que o lume prendeu e toda a cidade quedou destruída; case un mes permaneceu nos restos da cidade, o 24 de febreiro emprendeu o regreso con 600 prisioneiros que liberaron pouco despois por un rescate. O 9 de marzo no castelo de Chagras, Morgan procedeu a repartir o botín, tocándolle 200 pesos a cada participante, diante o descotento prometeu realizar un repartimento máis xusto o día seguinte pero aproveitando a bebedela dos seus homes marchou en catro navíos cos seus fieis e coa totalidade do botín, 400.000 pesos. Morgan foi recibido en Xamaica como un heroe pero o goberno español protestou enerxicamente ao de Londres e ante o temor a unha guerra entre os dous países, o rei Carlos II de Inglaterra accedeu a acabar coa piratería, nomeou un novo gobernador para Xamaica e Morgan marchou a Inglaterra para ser xulgado, en Londres viviu en total liberdade e mesmo o propio rei recibiuno en audiencia varias veces, o xuízo celebrouse en 1674 e o tribunal declarouno inocente, o rei nomeouno sir e tenente gobernador de Xamaica, onde volveu Morgan e actuou enerxicamente contra os seus antigos compañeiros para combater a piratería.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pope, Dudley: Harry Morgan's Way − The Biography of Sir Henry Morgan (1635-1684), 2001, House of Stratus ISBN 1-84232-482-9.
  • Rick Haupt: Das Piratenschiff − die abenteuerliche Entdeckung der Oxford. Unter Mitarbeit von Karsten Lohmeyer. München, Zürich, Piper 2006. ISBN 3-492-24625-7.
  • Howard Marks: Señor Nice. 1995-2006 − Von Wales bis Südamerika. 1. Aufl., Köln, Edition Steffan 2006. 300 Seiten, ISBN 3-923838-54-9.
  • Robert Bohn: Die Piraten, 3. Aufl. München 2007 (Verlag C.H. Beck), ISBN 978-3-406-48027-0
  • Earle, Peter: The Sack of Panamá. Londres 1981.
  • Cruikshank, Ernest Alexander: The life of Sir Henry Morgan, with an account of the English settlement of the island of Jamaica (1655-1688). Toronto, Ont. 1935.
  • Exquemelin Olivier: Piratas de América. Barcelona. 1982
  • Saiz Cidoncha: Historia de la piratería en América española. Madrid. Editorial San Martín. 1985